No dia de onte chegou a noticia que moitxs estaban esperando dende hai meses en Escocia. O SNP , que xa era a terceira forza política en Reino Unido, acadou un novo record en número de militantes: xa son mais de 100.000.
Esta noticia é evidentemente un golpe mais para aquelos que loitan desesperadamente de atacar ao Scottish National Party presentándoo como unha ameaza para a democracia e a integridade do Reino Unido, ou para os que insistentemente continúan atacando ou tratando de eclipsar a ineclipsable figura da súa lider e Primeira Ministra Nicola Sturgeon.
A sucesión de entrevistas nos programas de actualidade política no día de hoxe, deixáronnos imaxes como a da presenza no programa de Andrew Marr do ex-lider do SNP, Alex Salmond que acaba de presentar o seu libro "The dream shall never die: 100 days..."(1) sobre o referendo. Notaredes que durante a entrevista, Salmond menciona unha chea de veces o nome de Nicola Sturgeon, por si alguén non sabe ainda en Reino Unido quen é a actual lider do SNP.
(1)E por certo, e a modo de avance, cóntovos que en dito libro só hai unha única mención das interferencias do Goberno Español durante o referendo onde Salmond relata moi elegantemente un moi breve encontro que tivo con Federico Trillo, embaixador español en Londres. A bó entendedor...
(1)E por certo, e a modo de avance, cóntovos que en dito libro só hai unha única mención das interferencias do Goberno Español durante o referendo onde Salmond relata moi elegantemente un moi breve encontro que tivo con Federico Trillo, embaixador español en Londres. A bó entendedor...
No mesmo programa, unha das voces conservadoras mais mediática, a deputada Tory Anna Soubry, facía gala do seu absoluto desprezo a Escocia, e á vontade democrática dos escoceses que decidirán o vindeiro 7 de maio, os representantes en Westminster.
Evidentemente, o debate non é que o SNP perdeu o referendo... o debate é cómo o bando unionista gañou o referendo e as consecuencias inmediatas e futuras de tal "victoria"
Deixovos estes videos para que vexades por vós mesmos, primeiro a entrevista de Salmond e a continuación, a realidade de cómo en Londres vén a Escocia (hai meses non podían vivir sen eles, agora están a piques de lamentalo...)
E de novo quero dar as grazas ao meu amigo Peter Curran (@moridura) , que se toma o seu tempo, esforzo e interés para que tod@s poidamos disfrutar destes tan interesantes videos. Moitísimas grazas Peter (thank you so much, Peter)
Ningún comentario:
Publicar un comentario