xoves, 12 de marzo de 2015

A saude mental e a crise en Galiza: 390 #suicidios en 2014 #SanidadePública #StopRecortes #SaudeMental

Noticia publicada en El Correo Gallego

Estas cifras son desoladoras, terribles e insoportables.
O suicidio sempre foi un grave problema en Galicia, e dende 2010, ano no que empezou a sentirse a crise, agravouse aínda mais.
Cando nos tomaremos en serio esta cada vez mais dramática realidade social? Cando nos tomaremos mais en serio as patoloxías mentais? O Goberno Galego continúa facendo enormes recortes en materia de saúde mental, na que ao igual que en moitas outras patoloxías, a detección temprana e a atención continuada é fundamental, ao igual que a educación para @s coidadores.Non só iso, senón que continua o oscurantismo sobre os datos de suicidio por parte dos Gobernos Central e Autonómico e o retraso en publicación de datos do INE... pois si, eu tamén me pregunto as razóns... pero é doado imaxinar as respostas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario