martes, 24 de febreiro de 2015

O laborismo escocés, o voto táctico e a hipocresía política #GE2015 #theSNP #ScottishLabour

Esta foto é o último escandalazo do Laborismo escocés. 

Robert James McNeil (membro do Scottish Labour e integrante do Foro Político do Partido Laborista)  chamaba mediante as redes sociais a votar tácticamente en Escocia polo Partido Laborista (Labour), os conservadores (Tory) ou os Liberal Demócratas, dependendo das circunscripcións electorais. Dito membro laborista optou por pechar a súa conta de twitter. 


E curioso que unha das consignas do Partido laborista escocés é repetir que un voto para o SNP é un voto para os Conservadores e que permitiría que Cameron repetise como Primer Ministro de Reino Unido; pero parece que iso non está a dar resultado esperado e calquera estratexia vale para impedir que o SNP gañe escanos en Westminster e tratar de evitar o evidente descalabro electoral que lles espera aos xa chamados Red Tories.

The National  24th of Feb 2015


Ningún comentario:

Publicar un comentario