xoves, 19 de febreiro de 2015

Escocia internacionalizada e conectada có mundo #ConnectingScotland #ScotParl #BasqueCountry #Catalonia #Flanders #TTIP

Representantes do Goberno do País Vasco, Catalunya e Flandes veñen de participar nunha comisión informativa no Parlamento escocés sobre estratexias de internacionalización e acción exterior.

http://www.20minutos.es/noticia/2381336/0/gobierno-vasco-presentara-este-jueves-parlamento-escocia-su-estrategia-internacionalizacion/



No marco do chamado "Connecting Scotland" que busca a mellora das relacións de Escocia có mundo, o Goberno escocés invitou a expoñer as situacións de Gobernos doutros países e coñecer así de primeira man a situación legal, administrativa e executiva das competencias autonómicas, especialmente en materia de relacións có exterior.

Dita Comisión estivo presidida por Christina McKelvie, responsable da Comisión de Asuntos Internacionais no Parlamento escocés.
Mª Angeles Elorza  representou ao Goberno Vasco; Roger Albinayana i Saigí ao Gobern de Catalunya  e  Lukas Van Damme ao Goberno de Flandes.

Pola importancia desta comparecencia, aquí vos deixo o video completo.



(*) plus TTIP - Lord Livingston from 1:34:00 
 
Valoración persoal:
É unha verdadeira mágoa que o (des) Goberno de Galicia non teña nada que aportar en materia de relacións internacionais con Escocia, nin teña sequera intención de mellorar as relacións cunha Nación irmá como a escocesa, e menos ainda poida defender con orgullo as súas tan cacareadas competencias autonómicas das que permanentemente fai dexación e renuncia, especialmente en materia pesqueira

Ningún comentario:

Publicar un comentario