Hoxe a prensa galega recolle o anuncio do "carameliño democrático" que o PP lanza como medida electoralista. Dito anuncio fala da apertura de "permitir" que os cidadáns presenten preguntas ao Goberno Galego sempre que conten cun aval de 2.500 sinaturas.
Teño especial interés en compartir con tod@s vos este video que recolle algo que é habitual e normal en Escocia. O Gabinete de Goberno escocés está permanente aberto a contestar TODAS as preguntas dos cidadáns e cada certo tempo anuncia unha comparecencia pública á que calquera pode asistir.
Calquera Goberno chamado democrático debería estar disposto a aplicar e asumir esta como unha das súas responsabilidades (de feito é xa unha das súas obrigas).
Calquera Goberno chamado democrático debería estar disposto a aplicar e asumir esta como unha das súas responsabilidades (de feito é xa unha das súas obrigas).
Asegúrase con isto a conexión directa cós cidadáns aos que representan (ou deberan representar) .
Ningún comentario:
Publicar un comentario