The Courier publica hoxe a primeira entrevista a fondo de Alex Salmond, na que fai unha serie de valoracións sobre a campaña e o resultado do referendo. tamén fala dos seus obxectivos a partires de agora ata o 7 de maio, data das vindeiras eleccións xerais en Reino Unido.
"A guerra de Salmond só comenzou" reza o titular da entrevista. Convencido de que Escocia atopou a fórmula para conseguir finalmente a independencia mais cedo que tarde, ainda que rexeitou a posibilidade de realizar outro referendo en breve espazo de tempo.
"Outro referendo é un asunto para o futuro" - asegura
Aspira, agora, a conseguir o chamado "Home Rule", que é un paso mais de forte autogoberno para
Escocia:
Para Alex Salmond, que non lamenta a súa dimisión como First Minister, a presenza a última hora á desesperada do ex-Primer Ministro británico Gordon Brown, foi decisiva para que os unionistas gañasen o referendo. Salmond recoñece que non se anticipou a esta situación e que Gordon Brown (que estivo ausente durante os dous anos que durou a campaña), apareceu no último momento e noqueou ao Yes Scotland dende fora do ring.
Gordon Brown e a ratificación do Vow, ou promesas de quasi federalismo realizadas insistentemente e coa total cobertura e complicidade da BBC e do Daily Record, foi a estratexia deseñada para mover un 10% do electorado escocés cara o non, coma así aconteceu.

Os ollos de Salmond apuntan ao Sul e di estar feliz de non ter que exercer liderazgo en Westminster; hai semanas que anunciou a súa candidatura a MP (deputado en Westminster) na circunscripción electoral de Gordon, asentamento tradicional Liberal Demócrata; e os partidos unionistas xa están en marcha para tentar evitar a súa victoria. Conseguirá a xa chamada "alianza unionista" evitar que Salmond pise de novo Westminster? Pronto saldremos de dúbidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario