sábado, 10 de xaneiro de 2015

O negro futuro do Partido Laborista Escocés #GE2015

Comezada xa a campaña cara as Eleccións Xerais do 7 de maio en Reino Unido, os efectos das alianzas realizadas durante o debate sobre independencia en Escocia están pasando factura ao laborismo escocés, tal e como era previsible. 

O novo lider do Scottish Labour, Jim Murphy, acompañado sempre de polémica e co beneplácito dos medios de comunicación tradicionais que tratan desesperadamente de encumbralo, non termina de "relanzar" un novo laborismo cada vez mais escorado cara a dereita. Moitos analistas valoran xa que o discurso do Partido Laborista vai mais dirixido aos votantes conservadores que aos da clase traballadora que o viron nacer.



E a elección por Jim Murphy de John McTernan (ex-asesor de Tony Blair) coma o seu asesor,  non fai mais que afondar na ferida aberta polas declaracións da súa antecesora, Johann Lamont que acusou a Londres de tratar ao partido en Escocia como unha simple delegación, sen voz nen voto.

 
McTernan, ao igual que Murphy, conta cun extenso currílum de perlas sobre o que parece ser o verdadeiro programa do Labour Party. Pro-privatización do Servizo Nacional de Saúde, arduo defensor da guerra de Irak, e como non, defensor de que desaparezan as sinais en gaélico en Escocia... e moito mais recollido extensamente neste dossier realizado por Wings Over Scotland
 
O comenzo da súa campaña, por unha banda entra en contradicción co defendido en Escocia durante o referendo e por outra banda roza o ridículo ao ofertar mais do que poida ofrecer o SNP, sendo este o seu único discurso: o ataque ao Partido Nacional Escocés e aos seus lideres.

Este é o caso do cartel dirixido ao NHS no que o Scottish Labour prometía crear 1000 postos de enfermeiras mais que o SNP, xenerando con iso un furacán de respostas nas redes... e unha onda de respostas dende Londres en contra desta promesa electoral.
Jim Murphy’s mansion-tax boast is a cynical attempt to buy Scottish votes

Labour MPs join English Tories and Ukip to attack Murphy's nurse plan


O incumplimento dos prazos de devolución das novas competencias recomendadas pola Smith Commission non vai axudar a un Partido Laborista que destacou por obstaculizar insistentemente a concesión dos prometidos poderes para Holyrood en canto o resultado do referendo foi coñecido; as hemerotecas recolleron estas promesas e como foron os últimos días á desesperada dos unionistas, e de feito,  Alex Salmond en entrevista exclusiva ao The Courier, catalogou a presenza de Gordon Brown como a clave do voto Non.




 
 Artigo de Wings Over Scotland: BBC Radio Scotland e o que dixo ou non dixo Gordon Brown sobre Home Rule

Os medios de comunicación , que foron partes e cómplices de todo este entramado da campaña Better Together, continúan na mesma tónica coa presenza agora dun xornal diario en Escocia que asegura un pouco mais de equilibrio informativo: The Nacional.


Outro dos campos de debate durante o referendo foi as competencias sobre o petróleo, presentado como un perigo para o Reino Unido dende Better Togheter e como un bonus para a economía escocesa por Yes Scotland; agora que a especulación está levando o prezo do barril aos límites mais baixos dos últimos tempos, a responsabilidade do Goberno de Reino Unido sobre o tema esfúmase ante os problemas que presenta esta baixada de prezos.







A incapacidade do Partido Laborista de definir a súa postura en moitos temas, pero sobretodo no tema do Trident (submarinos nucleares) tampouco deixan en boa situación ao equipo de Ed Miliband e Jim Murphy, que ainda tendo a cobertura informativa ao seu favor, continuan perdendo votos cada vez que abren a boca.
Ainda así, no  Reino Unido, vaticinan ao Partido Laborista unha mellora na súa actual situación... menos en Escocia, na que parece que o SNP avanza coma unha apisonadora nos campos nos que históricamente o laborismo tiña as súas bases. 

Moito terá o Scottish Labour que reiventar, ou do contrario aspira a ser un simple recordo histórico no futuro de Escocia.






Ningún comentario:

Publicar un comentario