Hai xa unhas semanas, Patrick Harvie (Scottish Green) anunciaba, mediante un impresionante artigo publicado no The National, a súa intención de loitar con todas as súas forzas para defender e lograr o xa chamado "Legado de Margo MacDonald".
A desaparecida Margo, que sufría a enfermedade de Parkinson, explicaba con intensidade, paixón e lóxica (amais de argumentos legais e éticos) as razón da necesidade dunha lei que recollera, normalizase e discriminalizase o dereito ao "suicidio asistido"
Foto publicada no xornal escocés The National |
Este tema, que levanta moitísima febre principalmente por motivos de tipo relixioso, é o eterno debate sobre o dereito á vida e o dereito a unha morte digna. É tamén, o eterno debate sobre dereitos civiles a liberdade de credo... para min está claro, a libertade de credo dunha persoa remata onde empezan os dereitos civiles e fundamentais.
Entre nós, ben sabido por quen xa nos tocou vivir situacións tan delicadas como a perda dun familiar ou amigos íntimos, a cuestión da sedación nos momentos finais forma parte xa dunha realidade e dunha lóxica aplastante que nada ten que ver con credos, senón con humanidade e a empatía de entender os procesos vitais; e temos que agradecer a eses impresionantes e marabillosos profesionais do servizo de paliativos, porque hai que estar sobrados de sensibilidade e profesionalidade para poder levar a cabo o seu cometido coa delicadeza e tacto con que o realizan.
O axudarmos a aqueles seres queridos que están emprendendo o tránsito para que este non sexa nin traumático para eles nin para nós, é algo do que podemos falar en grupos de acompañamento que xa existen (afortunadamente) en moitos lugares de Galiza. Mais ainda hai moito do que debemos concienciarnos e falar abertamente, e poñernos en marcha.
O axudarmos a aqueles seres queridos que están emprendendo o tránsito para que este non sexa nin traumático para eles nin para nós, é algo do que podemos falar en grupos de acompañamento que xa existen (afortunadamente) en moitos lugares de Galiza. Mais ainda hai moito do que debemos concienciarnos e falar abertamente, e poñernos en marcha.
Artigo publicado no xornal escocés The National |
Lendo todas estas noticias, a todos se nos veñen á cabeza os termos "atención paliativa" e "sedación consciente" e ben seguro que tamén todos temos en mente o tan nomeado caso de Ramón Sampedro.Falemos do tema, falemos en voz alta e abertamente, e pensemos no tipo de vida digna e morte digna ao que todo ser vivo ten dereito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario