xoves, 29 de xaneiro de 2015

Escocia e o #Fracking


O fracking está sendo analizado e debatido en toda Europa e Reino Unido tivo hai uns días a súa sesión de debate.

Na Cámara dos Comúns decidíase, entre outras cousas, a devolución de competencias sobre fracking para Escocia e a opción dunha moratoria en Reino Unido. Resultado da súas posturas incoherentes que cada vez os distancian mais dos seus principios, ven sendo xa habitual que o Partido Laborista xenere malestar e desagrado entre os escoceses, e  neste caso non foi distinto.

A meirande parte dos MP escoceses (deputados en Westminster) decidiron absterse da votación sobre a moratoria de fracking que afectaba en grande medida a Escocia. A polémica que non cesa, acrecentouse pola decisión dos  laboristas de votar favor das medidas de austeridade do Goberno conservador e pola demora na publicación do informe Chilcot sobre a guerra de Irak.
O ambiente caldeouse ainda mais cando nas redes algún dos deputados laboristas negaron ter "desaparecido" das votacións e ainda retaron ao Goberno escocés a tomar unha decisión sobre esta materia. Este foi o caso de Margaret Curran


En menos de 24 horas despois desta votación en Westminster,  o Goberno escocés anunciou oficialmente unha moratoria sobre o Fracking en Escocia.




Aquí tendes unha tradución ao castelán do anuncio do Goberno escocés:


E unha entrevista realizada por IBT a Alex Salmond na que analiza a situación actual dos prezos do petróleo a realidade do fracking en Escocia.

http://www.ibtimes.co.uk/alex-salmond-interview-north-sea-oil-energy-fracking-scotland-1485696




Ningún comentario:

Publicar un comentario