Moitas cousas están a suceder estes dias, algunhas delas escandalosas non por menos esperadas. Para non recurrir ao tan famoso karma, lembraremos aquilo de "daqueles polvos... estes lodos"
Logo de que a CIA publicase o seu informe sobre as torturas e accións duranet a ilegal guerra de Irak, moitos esperaban ansiosos que Reino Unido fixera o mesmo e o informe Chilcot vira a luz. Mais o dito informe sobre a Guerra de Irak,que xa levaba 3 anos de retraso na súa publicación, terá que esperar ainda a ser publicado despois das Eleccións Xerais...
Por outra banda, o responsable da Tesourería británica, Osborne, continua realizando declaracións que cando menos contradín as recomendacións feitas pola Smith Commission
E tamén da tesourería británica nos chegan as declaracións impudorosas dun veterano funcionario e asesor que volveu a abrir a caixa de Pandora sobre o xogo suxo utilizado durante a campaña de independencia de Escocia.
Neste caso, dito funcionario xustificou a suspensión das leis (e a ética) que rixen a economía durante este período, porque "a xente estaba destruindo a fábrica do Estado" e a "integridade territorial" estaba en perigo... vamos, que o todo vale foi o seu lema.

http://www.independent.co.uk/voices/comment/why-the-treasury-backed-the-no-vote-in-the-scottish-referendum-its-top-mandarin-speaks-9989263.html
http://moridura.blogspot.co.uk/2015/01/the-trident-renewal-debate-20th-jan-2015.html
http://moridura.blogspot.co.uk/2015/01/the-trident-renewal-debate-20th-jan-2015.html
Tamén tivo lugar en Westminster o debate sobre a renovación dos submarinos nucleares en Clyde (Escocia), a proposta do SNP e do Plaid Cymru . O interés e a asistencia durante o debate foi moi aclaradora do interés que tiñan na Cámara dos Comúns por este debate:
Massive turnout to debate the trifling matter of spending £100bn on something only to be used in an apocalypse. pic.twitter.com/p54EhSXolf
— Wings Over Scotland (@WingsScotland) enero 20, 2015
Parece que non só nas nosas Cámaras temos estes desoladores panoramas de irresponsabilidade política
O resultado da votación foi de 364 a favor da renovación contra 35 que rechazaban tal gasto de 100 billóns de libras anuais en armamento nuclear.
#Trident 35 in against replacing Trident vs 364 in favour. That's how much the wishes of the people of Scotland count for in Westminster.
— Peter Curran (@moridura) enero 20, 2015
O incansable Peter Curran (@moridura), que fai un traballazo impresionante grabando e compartindo todo aquelo que é de interés, plasmou os momentos mais interesantes do debate no seu blog.
http://moridura.blogspot.co.uk/2015/01/the-trident-renewal-debate-20th-jan-2015.html
As Eleccións Xerais en Reino Unido son o 7 de maio, e nos debates televisivos as tres mulleres lideres do SNP, Plaid Cymru e Green teñen vetada a súa presencia, ainda que o Partido Verde é xa a 5ª forza política británica e o SNP achégase a 93.000 membros nas súas filas. Parece que por unha banda, as canles británicas non gostan de mulleres nos seus debates, e por outra banda, danlle desculpas a Cameron para evitar a sua participación... (parece ser que lle ten bastante pánico...contas as malas linguas).

Menos mal que existe o The National!
Ningún comentario:
Publicar un comentario