venres, 30 de xaneiro de 2015

As consecuencias da Guerra de Irak : Scottish Parliament: 29th January 2015 on #ChilcotInquiry #IrakWar #debate

Afternoon Plenary - Scottish Parliament: 29th January 2015 on #ChilcotInquiry #IrakWar #debate

En Reino Unido claman pola publicación do Informe Chilcot, que leva 6 anos de retraso.  Este video pertence á sesión que tivo lugar onte no Parlamento Escocés na que a proposta da FM Nicola Sturgeon,  aprobaron esixir a publicación de tal informe antes das Eleccións Xerais de Maio. 

Tony Blair, ao que acusan de continuadas manobras para impedir a publicación do informe,  podería ser levado aos Tribunais acusado de crímenes contra a humanidade.

A miña pregunta é: existe algún tipo de reporte ou informe sobre as implicacións de España na ilegal guerra de Irak... e sobre Aznar e as súas marabillosas amistades?  Para cando Aznar, Bush e Blair serán xulgados polas súas repetidas e indignas mentiras, polos todos e cada un dos miles de civiles asasinatos en Irak?


Ningún comentario:

Publicar un comentario