Desde a Fundación Galiza Sempre convidámosvos á
xornada pública Fagamos contas. 35 anos de
autonomía: Como nos foi? que organizaremos o
vindeiro sábado 13 de decembro a partir das 11h00 no salón de
actos do Pazo de San Marcos en Lugo.
Facermos
as contas, cos datos na man, do que supuxo e do que
supón para a
Galiza a dependencia política do Estado español.
Facermos as contas
dos resultados do período autonómico e das decisións
que, impostas
na maioría dos casos desde instancias superiores ao
escaso
autogoberno co que contamos, influíron decisivamente na
nosa perda
de capacidade produtiva, na mingua demográfica, nos
desequilibrios
territoriais ou na progresiva minorización da lingua e
da cultura
propias. Teñen causa última estes problemas nun mal
goberno
atribuíbel aos sucesivos gobernos autonómicos da
dereita, na
subordinación política ao Estado español e ao deseño que
este
garda para a Galiza, en ambos os dous combinados? Cabe
algún futuro
para a Galiza de seguirmos neste marco? Que proposta de
país e de
futuro debe pór enriba da mesa o nacionalismo no actual
contexto de
crise sistémica?
Coa
xornada Fagamos Contas, organizada pola Fundación Galiza
Sempre,
poñemos en marcha un traballo colectivo de balance do que
supuxeron
para a Galiza a dependencia política e o modelo
autonómico, con
base na análise dos seus resultados. Nesta ocasión serán
cinco
mesas temáticas e dez relatorios os que abordarán esta
cuestión,
que terá continuidade ao longo do vindeiro 2015.
Xavier
Campos
Director da Fundación Galiza Sempre
Director da Fundación Galiza Sempre
Mais información: FUNDACIÓN GALIZA SEMPRE
Ningún comentario:
Publicar un comentario