martes, 30 de decembro de 2014

Ebola en Escocia: de cómo facer as cousas con responsabilidade

No dia de onte saltou a noticia, unha enfermeira escocesa recén chegada de Sierra Leona acudía a Centro Hospitalario con fiebre e inmediatamente se puxo en marcha o protocolo de actuación do ébola, que xa tiñan preparado dende o pasado mes de outubro.

Inmediatamente a First Minister Nicola Sturgeon asumiu  o mando da situación e convocou unha rolda de prensa cos responsables sanitarios, dando todos os datos e chamando a calma; "estamos preparados para esto", engadindo: "os nosos pensamentos e apoio á doente a á súa familia".


Tamén na súa conta de twitter  Nicola Sturgeon tivo palabras de recoñecemento para todos os traballadores públicos da sanidade e coidadores que poñen a súa vida en risco para salvar a dos demais: 


Ver cómo o Goberno escocés da resposta a un caso como este, lévame, inevitablemente, a facer comparacións có xeito que o fixo o goberno español... xa que cando se fala de asumir responsabilidades e de actuar con sensibilidade, hai diferencias e ben grandes.













Ningún comentario:

Publicar un comentario