domingo, 7 de decembro de 2014

Alex Salmond marches towards the sound of gunfire / Alex Salmond marcha cara a batalla #GE2015 #Scotland

Alex Salmond ven de anunciar que se presentará como candidato a un escaño en Westminster para as seguintes Eleccións Xerais que terán lugar o 7 de Maio de 2015.  Esta noticia, intuida e esperada xa por moit@s, ven sendo recollida por todos os medios escoceses dende últimas horas da tarde de onte e confirmada hoxe polo mesmo Alex Salmond.

O SNP que sobrepasou a barreira dos 100.000 membros nestes días (mais de 70.000 novos membros dende o referendo), ten marcado o seu claro obxectivo nestas eleccións como paso en firme para facer cumprir as promesas da Smith Commission e asegurar que Escocia pode falar con voz propia na Cámara dos Comúns en Londres. 
Salmond, que non renuncia á independencia de Escocia, continuará sendo un peso pesado na política británica, e sen dúbida un apoio imprescindible para a actual First Minister de Escocia, Nicola Sturgeon.


El Mundo
El Diario
The Guardian
Herald Scotland
The Scotsman

Videos via #PeterCurran @moridura (thank you so much, as usual)






Ningún comentario:

Publicar un comentario