luns, 22 de decembro de 2014

2015: un ano prometedor para o SNP #GE2015 #SNP #NicolaSturgeon

Chegará 2015 coa realización das Eleccións Xerais en Reino Unido, que terán lugar o 7 de maio;  e no horizonte vaticínanse moi bos tempos para o SNP (Scottish National Party).

A intención de voto sube de novo na última enquisa oficial publicada segundo a cual un 48% dos votos en Escocia irían para o SNP e un 24% para Partido Laborista escocés, que continua en caida libre despois da recente elección de novo lider.

Tamén para as vindeiras eleccións ao Parlamento Escocés e segundo esta mesma enquisa, o SNP acadaría o 51% dos votos e os laboristas o 25%.

A First Minister de Escocia e lider do SNP,  Nicola Sturgeon calificou estes datos coma "regalo de Nadal para o SNP" mais rexeitou dar a batalla por gañada:  

"Recibo con grande satisfacción esta enquisa, pero non dou absolutamente nada por sentado, e o traballo duro comeza no aninovo para asegurar que logremos un forte grupo de parlamentearios do SNP para que Escocia teña unha voz mais forte en Westminster"  

"Deste xeito, poderíamos usar a nosa influencia para pór fin á economía de austeridade, facer de Escocia unha terra libre de submarinos nucleares (Trident) e obter os poderes que Escocia precisa para construir unha sociedade mais xusta e unha economía mais próspera" 

Noticia publicada no Herald Scotland: 
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario