Outra desgraciada portada do Daily Record |
A Comisión Smith falou e presentou o seu informe para a devolución de poderes a Escocia. Coma ben dixo o propio Lord Smith: "eu non teño o poder de levar a cabo estas recomendacións".
E falou ben, xa que estas recomendacións deberán pasar agora un longo proceso ata chegar ao debate e aprobación das Cámaras dos Comúns e dos Lores e para iso calcúlase unha xestión de ao mínimo 3-4 anos.
Estas son algunhas das competencias recomendadas:
- Poder para xestionar o 100% do IRPF, mais non para xestionar o resto do 70% das tasas e o 85% dos sistema de beneficios, competencia exclusiva de Westminster.
(aparte desta "cesión" IRPF, o resto das taxas, pensións, axudas, e salario mínimo permanecerán totalmente en poder de Westminster)
(aparte desta "cesión" IRPF, o resto das taxas, pensións, axudas, e salario mínimo permanecerán totalmente en poder de Westminster)
- Recomenda transferir o poder de xestionar o funcionamento e a lei electoral escocesa en materia autonómica e local; e chama á realizar unha pronta devolución de competencias para cambiar a lei, permitindo aos xóvenes de 16 e 17 anos votar en todas as eleccións.
Os cambios relacionados co propio Parlamento escocés terán que ser aprobados por 3/4 dos votos da Cámara.
Os cambios relacionados co propio Parlamento escocés terán que ser aprobados por 3/4 dos votos da Cámara.
- A xestión de sinais de estradas e autoestradas sería transferida totalmente a Escocia.
- Recomenda a transferencia da xestión e control do tráfico aeroportuario (mais esta competencia xa fora recomendada na Comisión Calman no 2009 e rexeitada no 2010 en Westminster, polo tanto non devolta a Escocia).
- A competencia de decidir e cambiar a Lei do aborto será valorada coidadosamente e deberá ser solicitada por todos os grupos parlamentarios.
Moitas das competencias ofertadas polos partidos unionistas durante a campaña do referendo caeron en saco roto, e a outras quedan pendente de posterior estudo.
Unha das mais reclamadas popularmente era o control das canles de televisión (pola polémica constante que existe coa BBC , e que continúa funcionando coma plataforma de propaganda)
www.newsnetscotland.scot/index.php/scottish-opinion/9861-bbc-scotland-holds-its-breath-on-holyrood-accountability
Lord Smith recomenda tamén a David Cameron (PM) e a Nicola Sturgeon(FM) que se reunan antes de final de Xaneiro para poñer en marcha todas estas recomendacións.
Tamén, e facendo énfase na necesidade de que os dous Parlamentos melloren e fortalezan as suas relacións para traballar xuntos en materia lexislativa, recomenda aos Responsables da Cámara dos Comúns e do Parlamento escocés manter a correspondente xuntanza no mesmo período de tempo.

Todas estas "novas competencias" non son nin unha mínima parte do prometido no "Vow" nos días anteriores ao referendo, e o desánimo, enfado e decepción son evidentes tanto nas redes coma no mesmo Parlamento, onde horas mais tarde da comparecencia de Lord Smith, e como é habitual cada xoves, a First Minister Nicola Sturgeon atendía as FMQ (First Minister questions).
I welcome all new powers -
and pay tribute to Lord Smith - but 70% of our taxes and 85% of welfare
staying at Westminster not real home rule
— Nicola Sturgeon (@NicolaSturgeon) noviembre 27, 2014
Segundo revelou Patrick Harvie (voceiro do Scottish Green Party) vía twitter, foron especialmente os representantes laboristas os que bloquearon un acordo mais forte e aceptable.
Isto deixa ao Laborismo na posición de explicar as razóns das súas promesas á desesperada antes do referendo, xogando conxuntamente cos tories e negándose a ceder un ápice dos chamados "extensos poderes para o Parlamento Escocés" por intereses partidistas en Londres.
The #Smith
report contains some powers worth having, but it will be clear to
voters that Labour in particular have blocked a stronger deal.
— Patrick Harvie (@patrickharvie) noviembre 27, 2014
Os partidos unionistas recibiron moi efusivamente o informe e comunicado da Comisión Smith; de feito, os voceiros do Labour Party chegaron a declarar que as competencias xa foran transferidas, (línea que veredes recollida en moita prensa española), cando a
realidade é que todas estas recomendacións terán que pasar a negociación, debate, votación e aprobación das Cámaras dos Comúns e dos
Lores).Claramente as vindeiras eleccións marcarán ao laborismo a posición real na que quedaron logo da súa coalición cos conservadores e liberal demócratas durante a campaña contra a independencia de Escocia. Se a iso engadimos que estas eleccións xerais están á volta da esquina (maio, 2015) e que pode haber un cambio de Goberno en Reino Unido, toda esta posta en escea da Comisión Smith e as súas recomendacións poden quedar absolutamente nada.
Os nervos do debilitadísimo Partido Laborista están a flor de pel, tal e como relata no seu blog o xornalista de Channel 4 Gary Gibbon
Gary Gibbon on Politics
Scottish Labour in despair
E aqui tendes os videos (via Peter Curran) do comunicado oficial por parte de Lord Smith e as declaracións dos delegados de cada partido; tamén veredes o link co texto completo da Comisión Smith e algunhas das reaccións:
Outras reaccións:
.@JohnSwinney we regret that the report does not contain the welfare, equality & employment powers so many people asked for #smithcommission
— Elizabeth Lloyd (@eliz_lloyd) noviembre 27, 2014
#smithcommission proposals insult. Income tax only one economic lever #morepowers
— Jim Sillars (@NaeFear) noviembre 27, 2014
#smithcommission Not a penny more comes to Scotland as a result of these proposals. All extra tax revenues are deducted from the Block grant
— Colin Fox (@colinfoxssp) noviembre 27, 2014
Prof Michael Keating: #smithcommission "is not, by any definition, devo-max nor what Gordon Brown described as being close to federalism".
— Kevin Pringle (@KevinJPringle) noviembre 27, 2014
Scottish Government // Goberno de Escocia
Prensa / Newspapers:
Sermos Galiza
Sermos Galiza
Ningún comentario:
Publicar un comentario