FM Nicola Sturgeon |
Para sorpresa de moit@s, a conservadora Ruth Davidson dixo querer tamén presentarse como candidata ainda segura da súa derrota para ofrecer "unha alternativa ás políticas do todo gratis do SNP", apostando claramente pola privatización e o elitismo.
Ruth Davidson - Tory |
Cada candidata dispuxo de 5 minutos para defender a súa candidatura, e presentar o seu programa de propostas. Sturgeon felicitou e agradeceu a candidatura doutra muller para o posto.
Unha vez coñecido o resultado, e logo de ser declarada First Minister pola Presidenta da Cámara Tricia Marwick, e logo de escoitar aos membros da oposición, Nicola deu o seu primeiro discurso no que prometeu gobernar para tod@s os escoceses e non só para os que queren a independencia, facendo a observación de que os que votaron non, estarán de acordo en querer o mellor para Escocia.
Patrick Harvie - Green Party |
Por último, fixo votos de protexer e fortalecer as políticas de igualdade social e rematou dicindo que pretendía conseguir entre todos, escribir novos versos na historia moderna de Escocia para unha vella canción.
(Gracias a Peter Curran por este video - Thank you to Peter Curran for this video)
Cada xoves ten lugar no Parlamento escocés as Preguntas ao First Minister (#fmqs) que poden serguirse en vivo no seguinte link.
http://www.scottishparliament.tv/
Ningún comentario:
Publicar un comentario