sábado, 15 de novembro de 2014

Nicola Sturgeon's speech at SNP Conference - Part One-Two and Three #SNP14 #Escocia

Discurso final da nova lider do SNP e xa case First Minister de Escocia, Nicola Sturgeon.
Un discurso plagado de proxectos que foron nomeados un por un, e que reflexan cada un dos retos polos que a campaña pro independentista pelexou tanto.

Rendiu tributo ao saínte lider Alex Salmond para o que só tivo palabras de recoñecemento, cariño e admiración con frases como "Quero rendir tributo ao home que mais cerca da independencia nos fixo chegar, ese home é Alex Salmond" e continuou decindo "El é o heroe do noso movemento e o campión da nosa Nación" en medio de ovacións.

"Escocia será un país independente" asegurou Nicola. E asegurou que continuara fomentando e reforzando as medidas sociais contra a pobreza e pola igualdade. As prioridades:  defender os dereitos universais, a sanidade e a educacion pública, a continuación das políticas anti-nucleares e contra Trident. 


"O SNP nunca vai ser quen poña aos Tory no poder" e asegurou que o SNP nunca lle vai dar a espalda á xente de Escocia, estes comentarios feitos en referencia ás manobras dos Laboristas que permitiron estes gobernos no pasado, tamén foron un guiño aos moitos ex-membros do Partido Laborista escocés que decidiron unirse ao SNP.

"Ainda queda moito que facer" dixo Nicola. "Pretendo levar ao noso partido á victoria das eleccions do 2016" e volveu dar a benvida a todos os novos membros, que xa alcanzaron o impresionante número de 85.884. "Fagamos que se escoite a nosa voz coma nunca" e insistiu que só poder dos nosos votos (SNP)  vai ser o que asegure que as promesas feitas a Escocia, as promesas do Vow non se evaporen.
"O premio é a independencia" "Amig@s, estou preparada para guiarvos nesta viaxe, pídovos vir comigo para que xuntos o fagamos posible" 




Parabéns Nicola Sturgeon, estaremos atent@s a todos os teus pasos como First Minister. Vai ser moi interesante e emocionante seguirte.

Coma sempre, grazas mil a Peter Curran, o xenio dos videos! (@moridura)


Ningún comentario:

Publicar un comentario