venres, 31 de outubro de 2014

Laborismo en Escocia : cando a victoria ocasiona unha grande derrota

Continuan chegando sorprendentes noticias dende Escocia.

 O laborismo continua en caida libre; hai uns dias, a súa lider Johann Lamont presentaba a dimisión deixando tras dela unha serie de acusacións cando menos curiosas nas que reclamaba mais "independencia" para o Partido Laborista escocés e acusaba a Ed Miliband de ver aos escoceses como unha simple delegación; agora o seu segundo de abordo, Anas Sarwar é o que abandoa o barco, pouco despois de que o polémico Jim Murphy anunciase as súas aspiracións a ser lider do Scottish Labour.
 



Os últimos inquéritos para as vindeiras eleccións en Reino Unido vaticinan un 52% de votos para o SNP, deixando o número en só 4 o número de deputados laboristas en Westminster; dende logo, a victoria para aqueles que defenderon o Non á independencia de Escocia está a ser moi amarga.


E por certo... continuamos sen noticias sobre a Smith Commission... seguiremos informando

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2014/10/28/escocia-espera-autonomia-mes-despues-referendo/0003_201410G28P26995.htm


Ningún comentario:

Publicar un comentario