venres, 12 de setembro de 2014

International Press Conference in Edinburgh on the 11th Sept 2014 at EICC (full audio / audio completo) #indyref #Scotland

Sermos Galiza ven de participar na Conferencia de Prensa Internacional que se celebrou en Edinburgh o 11 de Setembro no Edinburgh International Conference Centre.
Mais de 300 persoas asistiron a este evento, onde Alex Salmond deu a benvida aos representantes dos medios internacionais e presentou as razóns polas que Escocia debe votar SI á independencia. Amosouse seguro de gañar o referendo.

No minuto 30:50 podedes escoitar a pregunta realizada por min ao FM Alex Salmond sobre o acceso que a pesca galega tería a augas escocesas e a súa resposta onde asegurou dito acceso. 


Recórdovos que o Goberno español leva realizando continuas interferencias e participando do xogo suxo que marcan o Westminster nun proceso legal e democrático, co claro fin de mobilizar o voto unionista. En varias ocasións, Mariano Rajoy e outros membros da ala mais reaccionaria do PP suxeriron, sen asegurar, que España podería vetar a entrada de Escocia a UE. Estas "suxerencias" foron categóricamente negadas a posteriori polo Sr. García Margallo, quen admitiu que a postura de España dependería totalmente de Londres.



Ningún comentario:

Publicar un comentario