sábado, 27 de setembro de 2014

Escocia, agora qué?: Road to Freedom #indyref #Scotland

Pensades que o movemento independentista en Escocia rematou co mal resultado do  referendo? Pois non, estase a escribir xa o segundo capítulo desta serie que eu chamaría "Road to Freedom"

É evidentente que existe certa decepción pola derrota, pero a loita continua, e están dispostos a pelexar pola victoria. 

Nos últimos 7 dias aconteceron moitas cousas;  a primeira delas é que Nicola Sturgeon anunciou a sua candidatura para First Minister, o que foi recollido con moito entusiasmo.

Nicola Sturgeon, que levou o peso da realización do referendum, é moi valorada e a sua traxectoria e a súa profesionalidade é considerada como excelente.

Por outra banda, mais de  41.000 persoas afiliáronse ao SNP e o Partido escocés dos Verdes e o Partido Socialista duplican xa os seus afialiados a dia de hoxe. 



A BBC, ao igual que outros moitos xornais que se publican en Escocia, quedan nunha situación mais que debilitada logo do seu comportamento durante todo o proceso ata o 18 de setembro. Algúns especialmente feridos, como é o caso do Daily Record, responsable da publicación do chamado "Vow", onde os tres lideres unionistas comprometíanse a otorgar mais poderes a Escocia.

A necesidade imperiosa de ter novos medios de comunicación para contrarrestar a propaganda da BBC foi unha das razóns polas que Derek Bateman e NewsnetScotland unen forzas e xa traballan nesa dirección. Sen dúbida unha moi boa noticia para o xornalismo.



Os novos recortes anunciados por Westminster, e noticias sobre o NHS e o petróleo, que contradin contundentemente os argumentos utilizados polos unionistas, veñen sendo un dejà vu do referendum de 1979.

E ainda que hai datos que parecen confirmar que se violaron algunhas normas electorais por parte de Better Together, de momento os resultados parecen innamovibles:




A inminente 3º guerra en Irak, aprobada no dia de onte na Casa dos Comúns en Londres, abre outra ferida en Reino Unido. Todos os deputados do SNP e algúns laboristas, votaron en contra dunha nova intervención.
Escocia sempre amosou o seu rexeitamento á guerra ilegal de Irak ao igual que aos bombardeos de Israel contra o pobo de Palestina. 
 
Aqui vos deixo este video de Globered para que disfrutedes do que continua acontecendo en terras de Alba.







Ningún comentario:

Publicar un comentario