martes, 9 de setembro de 2014

Dende o frente: Diario numero 2 #Escocia #indyref

Hai días que son simplemente máxicos. Aquí non se durme apenas. Onte, xa instalados en Dunblane participamos xa das actividades de Yes Scotland Dunblane. Ainda sendo unha zona non moi independentista, sorprendeume o número de voluntarios para repartir a publicidade de Yes Scotland.

  
Onte recibimos o aviso dunha actividade en Edinburgh na que se ia facer unha foto con cidadáns de distintos países da UE e do mundo... 



Evidentemente alí estivemos, cando alguén nos comentou que o FM Alex Salmond estaría participando con tod@s nós. 








Qué mellor momento para entregarlle unha copia do mapa de Escocia que Paul Kavanagh fixo con moitas das fotos da Campaña Internacional Solidarity with Scotland.





E Douglas encargouse de grabar este video para que vivades con nós este día tan especial.



Logo diso, un xornalista do Telegraph interesabase do meu apoio a Escocia e preguntoume tamén polo Goberno español e o caso de Catalunya.






E como non, saimos na prensa...
http://www.scotsman.com/news/uk/no-camp-falling-apart-at-seams-alex-salmond-1-3535721

http://www.independent.co.uk/news/uk/scottish-independence/scottish-independence-salmond-hails-the-day-the-no-campaign-fell-apart-at-the-seams-9721095.html

http://internacional.elpais.com/internacional/2014/09/09/actualidad/1410240894_789909.html 

http://www.telegraph.co.uk/news/uknews/scottish-independence/11086121/Independent-Scotland-wont-pay-back-debt-Alex-Salmond-says.html 



Non quería rematar sen agraceder a Peter Curran toda a axuda, apoio, ánimo e agarimo que nos está dando dende que chegamos a Escocia! Mi madriña! Qué home mais marabilloso. E qué calidade musical! Non vos perdades a mellor canción de Indyref!





Ningún comentario:

Publicar un comentario