Entramos xa nos últimos días da campaña e hoxe por fin, o Sunday Herald publica na súa portada que o YES vai diante nas enquisas. En todo caso, a xente non se fía, saben que a única enquisa que vale é a do 18 de setembro e non van baixar a guardia.
Teño que dar as grazas a Praza Pública pola entrevista que me fixeron o outro día, e que creo que pode servos de utilidade se vos queredes actualizar mínimamente sobre o referendo.
http://praza.gal/politica/7763/reino-unido-minimizou-a-vontade-do-pobo-de-escocia-pensou-que-tina-ganado-o-referendo/

Podovos asegurar que a diferencia tan enorme que hai coa campaña unionista non ten mesura. O que mais me chamou a atención foi a existencia de un voluntario comunista, que ao parecer, segundo me explicaba, non via a independencia como unha mellora para a clase traballadora. Ao preguntarlle se lle parecía que manter un Goberno dende Westminster (Tory ou Labour) un avance para a clase traballadora, non me soubo contestar...
Cóstame moito atopar xente coa que falar do lado unionista. A única persoa coa que puiden manter unha conversa interesante foi un familiar, o resto non dan argumentos, ou repiten os slogans de Better Together.

En Edinburgh tiven tamén o grande placer de coñecer persoalmente a Paul e Tom, que levan traballando durísimo na campaña do Yes Scotland, e saben que non queda nada, que xa están ahí, que o tempo apremia e que hai que manter o ritmo. Estupenda xente
Por certo, grazas a Paul puidemos ver por primeira vez físicamente o fabuloso "Wee blue book" que Wings Over Scotland acaba de imprimir e que é un diamante bruto de información sobre o referendo, especialmente para indecis@s.
O grupo de Yes Dunblane organizaba en Glasgow un flash mob para cantar Caledonia, e evidentemente, alí nos fumos. Puidemos seguir coñecendo persoalmente xente coa que estamos moi ligados mediante as redes sociais. É curioso, verdade? Como dende algo tan aparentemente impersonal como son as redes, se poden fortalecer os vínculos humáns deste xeito.

Xa en Glasgow foi un verdadeiro placer coñecer a Catherine! Qué xente mais fermosa!
Se prestades atención poderedes vernos formando parte do flash mob, e puidemos atoparnos con Eddie, wee Eddie e María, que veñen participando na campaña Solidarity with Scotland
Como anécdota contarvos que un dos organizadores e cantantes do acto, Dave, vestía a camiseta de Solidarity with Scotland, o que nos fixo moitísima ilusión. Non me cansarei de dicir que o apoio internacional é importantisimo, polo que se non o fixestes xa, sacádevos unha foto cunha mensaxe de apoio á independencia escocesa e mandádea a : solidaritywithscotland@gmail.com
Moitísimas grazas a tod@s pola vosa colaboración. Seguiremos informando
Ningún comentario:
Publicar un comentario