David Cameron tería que ser o que estivera onte debatendo con Alex Salmond na STV , pero non estaba; Cameron rexeitou dende o principio e insistentemente a posibilidade dun debate e menos en vivo, coa desculpa de “non
querer interferir na decisión d@s escoceses”; e o Primeiro Ministro de Escocia aceptou que
Alistair Darling, voceiro do Better Together ocupara o lugar do covarde David
Cameron.
Claro que Cameron anda moi ocupado
traballando na sombra, xa sabedes, coordinando campañas no estranxeiro co
ministro da Foreign Office vía Embaixadas e Altos Comisionados, levando a
mensaxe do malísimo que sería para o mundo mundial que Escocia conseguirá a
independencia, e animando a líderes doutros partidos de dereitas a opinar
abertamente en contra dun futuro Estado escocés. De feito o PM británico andaba preto de Galiza, pois si, en terras de Portugal...
O peor do debate, foi definitivamente a
conexión da STV. Nin feito deliberadamente, milleiros de persoas non puideron
escoitar a primeira intervención de Alex Salmond. Nin feito deliberadamete , a
cada pouco tiñamos que esperar a que cargara de novo a imaxe para poder seguir
o debate…. . a indignación e o cabreo nas redes foi tan enorme e evidente que dende os estudios da STV tiveron que desculparse en varias ocasións. Moi pobre cobertura da STV que foi empeorando a cada conexión coa sala para falar cós comentaristas da noite,
claramente unionistas.

Penso que o Gabinete de Alex
Salmond pretendeu dalgún xeito neutralizar ás voces que dende Better Together
acusaban á campaña do Yes de seren agresivos... e verdade que o conseguiron.
Alex Salmond, acostumado a mesturarse coa xente, aos debates abertos que o
Gabinete do Goberno escocés ven realizando dende hai meses, dirixiuse
directamente ás persoas que realizaban as preguntas, apartándose do seu podio
de debate e iso gustou, e moito. Aínda con
todo, eu votei de menos un pouco mais de
chispa do Primeiro Ministro de Escocia. Para min non foi á súa mellor noite.
Alistair Darling perdeu os papeis
totalmente en moitas ocasión durante a noite. Notábaselle nervioso e o seu nerviosismo
foi medrando a cada minuto. Falto de
argumentos foi incapaz de dar alternativas á independencia. Nunha imaxe da
noite, á resposta dun mozo que en principio amosou o seu voto negativo, se lle
veu interesado na resposta humilde e contundente de Salmond, tornándose
claramente contrariado cando Darling deu a súa contestación utilizando un ton
tremendamente resentido e negativo.

Os medios de comunicación,
grandemente criticados tanto polos votantes do SI coma do NON, seguen amosando
a súa tendencia unionista sen decato algún. Nesta ocasión, logo do debate, as valoracións que buscou o
presentador da STV deixaban claro a quen querían beneficiar: 4 valoracións unionistas,
1 independentistas. Ecuanimidade non foi a característica da STV neste programa...
Menos mal que o verdadeiro debate
estase a gañar nas rúas de Escocia e non nos estudios de televisión! E ainda así, os resultados non foron malos para a campaña independentista:
Se tendes interés, aquí tendes un link para escoitar de novo o debate:
http://news.stv.tv/scotland-decides/news/285205-the-debate-as-it-happens-alex-salmond-and-alistair-darling-clash/
P.D. Como sempre La Voz de Galicia dando mostras do seu nivel de coñecemento do proceso. Este non é o único debate, Salmond e Darling repetirán o debate dentro dunhas semanas:
P.D. Como sempre La Voz de Galicia dando mostras do seu nivel de coñecemento do proceso. Este non é o único debate, Salmond e Darling repetirán o debate dentro dunhas semanas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario