
Os mesmos partidos unionistas obvian as conclusións e recomendacións da Comisión Fiscal, que explica en documento oficial, e con todo luxo de detalles, todas as opcións que teria Escocia coas distintas divisas: euro, libra, moeda propia etc... Polo tanto, non hai un plan B, senón un C, D e E...
A conclusión da Comisión Fiscal foi que a libra esterlina sería a mellor opción non só para Escocia, senón tamén para o resto do Reino Unido. O Gobernador do Banco de Inglaterra amosou hai meses o seu acordo a estas conclusións e a súa disposición a abrir negociacións con Escocia para definir esta unión, caso que Escocia acade a independencia.

O Sunday Herald publica na súa portada de hoxe as declaracións exclusivas de Alex Salmond na asegura que os partidos unionistas pagarán un alto prezo por este kamikaze veto á unión monetaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario