A
Campaña internacional “Solidarity with Scotland” (Solidariedade
con Escocia) leva camiñando xa tres
meses, e naceu dunha iniciativa de particulares galegos e escoceses e
está coordinada por Paul Kavanagh en Glasgow e Pilar Fernández en Santiago de
Compostela.
Solidarity
with Scotland é unha campaña internacional que quere dar resposta a un
comportamento antidemocrático, anti- ético
e irregular por parte das Institucións británicas no exterior, dende as que se
está a fomentar e a animar a creación
dunha atmosfera negativa ante a posibilidade de que o pobo escocés decida, en
referendo legal e acordado, ser independente.
O Goberno de Reino Unido evita a toda costa en participar
nun debate aberto en territorio escocés coa desculpa de non interferir, pero permite,
fomenta e alenta as interferencias exteriores , utilizando institucións que
deberan permanecer neutrais neste proceso democrático, legal e pacífico, como é
a Devolution Unit.
Solidarity with
Scotland quere facer chegar unha mensaxe de apoio e ánimo a tod@s aqueles
escoceses que van a votar que si, e aqueles/as indecis@s, desmontando deste
xeito o discurso unionista de que Escocia quedará illada en caso dun voto
favorable a independencia. Escocia ocupa e ocupará sempre un lugar relevante no mundo.
Dende Solidarity
with Scotland queremos chamar ao total respecto do resultado deste referendo , e a que Gobernos de todos os países normalicen canto antes as relacións con Escocia, caso de converterse nun novo estado
independente froito dunha decisión popular, legal e democrática.
A
participación en esta campaña está aberta
a todos aqueles escoceses que vivan no estranxeiro e tamén aos @s amig@s
de Escocia, a organizacións, empresarios ou grupos que queiran apoiala.
Hai xa moita xente participando desta campaña e
estamos recibindo mensaxes de moitos
lugares do mundo (USA, Grecia, Irlanda, Gales, Inglaterra, Malasia, Dinamarca,
Suecia, Canada, Bruselas, Galiza, País Vasco, Catalunya,....) tanto de escoceses/as
vivindo no exterior (que xogan un papel importantísimo nesta campaña), como de distintas organizacións políticas a nivel
europeo, sindicais, plataformas cidadáns, persoas a título individual, etc...
Queremos agradecer especialmente
o interese e implicación de tod@s aquelas organizacións e cidadáns galegas que
están a apoiar esta campaña internacional.
Estanse a levar a cabo varias accións dende Galiza, neste link está a
información das actividades que estamos a facer e cómo podedes colaborar e
axudar na campaña:
http://pilaraymara.blogspot.com.es/2014/06/solidariedade-con-escocia-recollida.html?spref=tw
http://pilaraymara.blogspot.com.es/2014/06/solidarity-with-scotland-how-to.html
http://pilaraymara.blogspot.com.es/2014/06/solidariedade-con-escocia-recollida.html?spref=tw
http://pilaraymara.blogspot.com.es/2014/06/solidarity-with-scotland-how-to.html
Agradecemos enormemente toda
colaboración, ánimos e mensaxes recibidas e animamos a continuar esta campaña.
O referendo escocés terá lugar o
18 de Setembro e cerca da data do mesmo faranse
públicas as estatísticas da Campaña “Solidarity
with Scotland” .
Toda a
información sobre esta Campaña na nosa páxina:
Tamén poderá
seguirse mediante facebook:
E twitter: @ScotlandAbroad
Pilar Fernández e Paul Kavanagh
Coordinadores da Campaña Solidarity
with Scotland Campaign
Tlf. De contacto (00 34) 646 80 71 65
Ningún comentario:
Publicar un comentario