domingo, 13 de xullo de 2014

ESES PEQUENOS DETALLES... QUE O DIN TODO #indyref #Scotland #media #polls #spanishpress


Sobran exemplos do ridículo que están a facer os medios de comunicación cubrindo o proceso escocés. 

Ata hai moi pouco limitábanse a publicar o que lle mandaban as axencias dende a cidade de Londres; agora, e como os resultados da campaña unionista hai xa tempo que fan augas, e que a vitoria que pensaban segura xa non o é tanto, empezan a mandar a algúns reporteiros que se atopan cunha realidade abafante.

Mais aínda así, seguen sen decatarse de nada (no mellor dos dous casos, a ignorancia ten desculpa, xa que tod@s estamos aprendendo todos os días) ou continuan desinformando, participando conscientemente das estratexias marcadas dende Londres.

Alistair Darling (BT) e Blair Jenkins (Yes Scotland)
Xa para empezar, insisten en presentar a Alex Salmond como líder da campaña Yes Scotland, cando realmente este posto corresponde a Blair Jenkins (quen?... si, Blair Jenkins é o Xefe Executivo da Campaña Yes Scotland. Sermos Galiza publicou hai xa meses unha entrevista con el. Alistair Darling é o voceiro da Campaña Better Together).

Esta digamos "metida de pata informativa" forma parte dunha estratexia do Goberno británico para tratar de xustificar as continuas negativas de Cameron a debater publicamente con quen realmente lle corresponde debater: Alex Salmond; David Cameron como representante do Goberno británico, e Alex Salmond como máximo representante do Goberno de Escocia.  

Pero ultimamente é constante que a prensa unionista (británica e española) estea a a utilizar unha continua publicación de sondaxes có claro fin de lograr o desgaste psicolóxico.

Mirando as noticias publicadas nos distintos medios, unha persoa que non teña nin idea do que está a acontecer en Escocia, pode verse un tanto confundida por cousas como esta:




Sube o voto independentista: 


Baixa o apoio á independencia:


Prensa Latina (Cuba) recolle unha clara igualdade entre intencións de voto:


En todo caso, estes resultados publicados non proveñen das enquisas que o Goberno británico encargou, con cargo ao erario público, e que mantén ocultas en Westminster.

 Radical Indy* publicou moi recentemente, unha enquisa impresionante, que nada ten que ver coas que recollen as noticias antes mencionadas:






 *  Radical Indy é unha parte importantísima da Campaña do YES,  da que apenas escoitaredes unha soa palabra; está a facer un traballazo social impresionante, especialmente nos barrios mais pobres e desfavorecidos. Axudan na información e rexistro das persoas, animándoas a votar. É, por certo, un movemento a ter en conta polo seu nivel de debate e propostas de transformación da sociedade escocesa para unha Escocia independente.
 
Dende o meu punto de vista, as enquisas ou sondaxes que se fan a pé de rúa en toda Escocia e antes e despois dos debates públicos en escolas, centros, etc... son os mais fiables e para nada teñen que ver co que se está a publicar na prensa, xa que dan un avance claro ao voto independentista. Isto non o veredes publicado porque non gusta escoitalo. Mais a porcentaxe  que realmente importa é a que resulte do voto do pobo escocés, no propio referendo o 18 de Setembro.


Por certo, espero que esteades prestando atención aos escándalos que están afectando á Comisión Electoral (CBI, Irregularidades no rexistro de Better Together...) , eu non a perdería de vista, de feito pregúntome  ás veces, se non chegaremos ao punto de ter que pedir observadores internacionais para asegurar que se respecte a decisión soberana do pobo escocés.

http://www.newsnetscotland.com/index.php/scottish-news/9451-cbi-emails-were-deleted-says-electoral-commission-as-questions-remain-over-cancelled-registration 

http://www.heraldscotland.com/politics/referendum-news/questions-over-better-togethers-registration-for-referendum-role.24741622 





Ningún comentario:

Publicar un comentario