Un dos problemas mais latentes
por resolver na sociedade escocesa é o do sectarismo. O fanatismo, tan crecente
en toda Europa, e do que nós tamén temos sobrado coñecemento, entrou nestes
días de cheo na campaña escocesa polo referendo do 18 de setembro.
Descoñezo en detalle se a Comisión
Electoral está actuando correctamente, pero si vos podo dicir que as súas decisión
resultan cando menos chocantes, e están sendo criticadas con moita dureza.
Primeiro foi o escandaloso asunto
do CBI, do que xa vos falei noutros artigos; as cartas que o Concello de Glasgow está
enviando, sementando a confusión en canto ao rexistro do voto, é outro cabalo
de batalla.
Enfrontamos agora as consecuencias do rexistro da ultra-protestante
Orde de Orange como organización con pleno dereito campaña unionista, o que lle
permitiría gastar ata 100.000 libras (que ten que xustificar ante a mesma
Comisión Electoral, por suposto)
No dia de onte, polas rúas de Glasgow
a Orde de Orange e o Ku Klux Klan (que si, que si, que ledes ben, que non estou
delirando... poucos saben das orixes escocesas destes “individuos”) organizaron un desfile para celebrar a súa herdanza
histórica e cultural. Ata ai todo aparentemente normal. O que non foi normal
foi a violación das normas da mesma Comisión Electoral ao verse durante a
marcha pancartas pedindo o voto negativo o 18 de Setembro, e a violencia que sempre
deixan tras de si.
30 detidos, 2 feridos de navalla
e unha nena de 12 anos ferida dun botellazo é o balance destas mostras de “tolerancia”
oranxista.
Poderíamos facer moitas análises
disto, mais realmente o debate é maior se cabe, cando a Orde de Orange pretende
facer unha manifestación en Edinburgh o dia antes do Referendo.
Para os unionistas, que estiveron
pedindo o voto activamente en territorio da Orde de Orange, xa é moi tarde para
desmarcarse deste extremismo fanático relixioso.
Para os independentistas esta é
unha das razón polas que conseguir a Independencia: deixar atrás este tipo de
historia que avergonza ao país enteiro.
Para outros, simplemente outra
distracción mais para non falar doutras actividades coma o Yestival organizado
por National Collective que tivo lugar tamén en Glasgow:
www.solidaritywithscotland.com |
Continuando con mais escándalos,
as razóns de que botara a andar a campaña “Solidarity with Scotland” vense
reforzadas ao descubrirse como diplomáticos británicos “axudaron” ao lider da
campaña Better Together a levar a cabo a súa estratexia en Estados Unidos.
Namentras, Westminster continua
co seu uso do erario público en enquisas sobre intención de voto que nunca
se publican. O gasto realizado polo Goberno británico alcanza xa 300.000
libras... case nada
O debate está aberto e estase a
quentar coa calor do verán, e nós continuaremos observando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario