mércores, 4 de xuño de 2014

TEMPO DE SOLIDARIEDADE CON ESCOCIA


Xa van alá dous meses dende que Paul Kavanagh dende Glasgow e eu mesma botamos a andar a campaña internacional “Solidarity with Scotland”.
Tanto Paul, grande coñecedor da realidade española e amante dos pobos celtas, coma min,  tiñamos clara a relevancia das linguas, e fixemos un chamado para traducir o seu artigo explicando a campaña a cantas mais posibles. En menos dun mes enchemos a nosa páxina web con mais  15 idiomas tanto coas razóns da campaña, coma cós modelos de cartas para as embaixadas británicas. Todo froito do traballo voluntario. Mil grazas a tod@s!
Agora tócavos a tod@s vos, a campaña está dirixida a tod@s escoceses que viven no exterior, e tamén a tod@s @s amig@s de Escocia que cren que o voto YES é sen dúbida a mellor opción. A campaña está tamén nas redes sociais. Toda a información a podedes atopar en www.solidaritywithscotland.com
Os lazos entre Galiza e Escocia, coma ben sabedes, son ancestrais. Temos moito en común. Somos vellas Nacións pesqueiras, emigrantes, morriñentos e emprendedores, amantes do contacto coa Terra Nai. E o momento de amosar aos nosos amig@s e familiares en Escocia que non van quedar illados do mundo se votan SI. Se Escocia consegue a independencia, non só será o resultado dun proceso democrático, pacífico e legal, senón que implicará a apertura dunha porta á esperanza para moitos outros pobos que reivindicamos o respecto á nosa soberanía, á nosa identidade coma Nación.
O Goberno de Madrid, leva interferindo no proceso escocés dende antes de que o referendo fose convocado. Rajoy e Cameron escenificaron un apoio mutuo nas súas campañas contra os procesos de independencia en Europa. A maquinaria dos imperios contra os pobos está en marcha e se prestades atención, veredes que os discursos dende Londres e dende Madrid son copias case exactas.
Esta estratexia, esténdese aos medios de comunicación onde non veredes unha soa noticia na prensa española falando da campaña do YES á independencia escocesa; todo é malo, todo é unha tolemia do SNP e Alex Salmond. A realidade é que existe unha enorme campaña de base composta por a moz@s, mulleres, vellos, laboristas, verdes, nacionalistas, granxeiros, taxistas, artistas...  deles, do pobo, d@s realmente importantes neste proceso, non queren informar.
Por iso, anímovos a participardes desta Campaña, a encher a Embaixada británica en Madrid con cartas transmitíndolles que apoiaremos con orgullo unha Escocia independente. Animádevos a seguir esta campaña nas redes sociais, sacádevos fotos co noso logo, ou coas vosas mensaxes de apoio aos nos@s irmáns escoceses, sacádelle fotos ás vosas mascotas! (tamén hai grupos de cans e gatos escoceses pola independencia!) Mandádenos copia de todas as vosas mensaxes ao email: solidaritywithscotland@gmail.com e non vos esquezades de pór o voso nome, e o mais importante, dende onde mandades a vosa mensaxe: DENDE GALIZA! Un orgullo de Nación.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario