luns, 30 de xuño de 2014

Protest Against BBC Scotland Referendum Bias 2


E aquí tendes unha pequena mostra da protesta que se levou a cabo diante dos edificios da BBC en Glasgow para protestar pola constante manipulación e bloqueo informativo. A BBC foi a última empresa en abandonar a CBI (Patronal Británica) cando esta se rexistrou como Ente defensor do Non á independencia. A CBI retirou o seu rexistro da Comisión Electoral pero continua envolta en escándalo e sospeitas de xogo suxo. O debate sobre os medios de comunicación alternativos está na rúa, o lema mais repetido durante a consulta foi "Don't hate the media, be the media" (Non odies aos medios de comunicación, convértete en medio de comunicación). Dende a organización deste evento animaron a continuar usando as redes sociais para comunicarse, informarse e facer campaña para acadar unha vitoria o 18 de setembro. Impresionante!





Ningún comentario:

Publicar un comentario