Esta é a
razón da Campaña Internacional “Solidarity with Scotland”
O Goberno de Reino Unido está utilizando toda
a súa maquinaria para atacar un proceso democrático, permitindo que dirixentes
doutros países interfiran no debate. O Goberno de Reino Unido, está a utilizar
a oficina da Devolution Unit como recepción de mensaxes contrarios á
independencia de Escocia.
Dende
“Solidarity with Scotland” estamos a pedirvos que enviedes mensaxes de apoio á
independencia escocesa á Devolution Unit, (mediante cartas ás Embaixadas
británicas) porque cremos que temos o dereito de protexer e defender que @s
escoceses teñan un debate democrático, xusto e pacífico. Porque pensamos que
debería existir equilibrio e respecto nese debate permitindo á xente de Escocia
decidir por eles mesmos, e sen presións. Dende o inicio deste proceso, xente
dos partidos conservadores e neo liberais de Europa veñen interferindo creando
unha atmosfera hostil contra a posibilidade da independencia de Escocia.
Tentamos
contactar con tod@s @s escoceses que viven no exterior e cós amig@s de Escocia
e animándovos a participar e ser parte desta campaña. Nos, galeg@s, vimos
sufrindo a lacra da emigración dende hai ao menos un século, e sabemos moi ben
o difícil que é vivir no estranxeiro cando algo especial está pasando na Nosa
Terra. Somos unha anciá Nación pesqueira coma Escocia. Coñecémonos ben,
entendémonos ben, temos moito en común.
Na Galiza a
vida de miles de persoas na industria pesqueira veríase directamente
afectada pola pertenza de Escocia na UE;
unha Escocia independente sería un garante para nós, ao contrario da
incerteza que supón que Reino Unido queira abandonar a UE.
Nos, gale@s
podemos entender moi ben a necesidade de formar parte do teu país de orixe, xa
que mesmo vivindo no estranxeiro por anos, nunca cortas o contacto coa túa
cultura, a túa familia, os teus amigos; sempre está presente a idea do retorno,
cando antes mellor, e moitas veces faise difícil retornar.
Estámosvos
pedindo que nos enviedes fotos vosas, ben coas cartas que enviedes ás
Embaixadas, ben coas vosas mensaxes de apoio á independencia escocesa porque
sabemos que é moi importante, hoxe mais que nunca, que o pobo escocés coñeza
que conta con apoio internacional. Porque sabemos que é moi importante para
tod@s @s escoceses saber que non van quedar aillados de decidirse por un voto
SI, optando así por un futuro mellor, por mellora do sistema de benestar, por
unha sociedade mais xusta.
Todas as
fotos serán publicadas en Facebook, twitter e na nosa web:
www.solidaritywithscotland.com
Hai xente a
que lle molesta a nosa presenza, a nosa iniciativa. Non nos importa, ignoremos
as mensaxes de provocación. Tod@s @s amig@s de Escocia temos o dereito lexitimo
de apoiar aos nosos familiares e amigos que queren votar pola independencia,
dende o momento que esta campaña da resposta a un comportamento ilegal, inxusto
e antidemocrático de Westminster e o seu equipo “Better Together” (“mellor
xuntos”).
Westminster
conta co seu “Proxecto medo Internacional”: Barroso, Rajoy, Van Rompuy xa teñen
intervido e interferido; agora Carl Bildt dende Suecia ou o propio Obama
fixeron a súa aparición. Algunha xente debería preguntarse porqué a dereita e a
extrema dereita está tan interesada nun voto contrario á independencia e
insisten en seguir interferindo usando mensaxes de ameaza e medo.
Pero nós
temos a forza e poder da xente da rúa participando nesta campaña. Dende o
inicio, a colaboración da xente có seu traballo voluntario ven sendo
espectacular, e moito mais en canto van pasando os días.
Temos o
coñecemento do que as políticas de austeridade significan para os pobos
(clonadas en e para todos os países). A independencia escocesa non é unha
esperanza só para Escocia senón para tod@s nós.
Non sabemos
se esta campaña vai ter éxito ou non, mais estámolo disfrutando porque temos
claro e estamos completamente seguros de que Escocia e o pobo escocés merecen a
mellor das intencións e total respecto.
Gustaríanos
ver unha Escocia libre, independente, e se eles queren, sendo parte da UE.
Gustaríanos que Galiza e Escocia reforzaran os lazos ancestrais que nos unen. E
aquí estaremos, amosando o noso apoio, animando aos nosos curmáns celtas do
norte con orgullo. Non estades solos, estamos con vós! Go for it, Scotland! Yes
Scots You CAN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario