Sempre estou atenta ao que un pode atopar no twitter, e nas noticias que colga a xente no facebook. Hai grupos moi interesantes que aportan cousas mais importantes que as noticias que tod@s vemos na "obxectiva" prensa local.
Hoxe a escritora de Harry Potter amosou o seu apoio moral e monetario á campaña Better Together. Ainda que como golpe de efecto é importante, e evidentemente eso buscan dende a campaña do Non , tamén hai que dicir, que por primeira vez alguén fala claramente dos cartos que van ao Mellor Xuntos, xa que dende hai meses a súa financiación está moi en entredito.
Tampouco veredes as respostas que se lle dan dende a campaña pro-independencia:
(invítovos a utilizar algún traductor online para ter unha idea do impresionante deste artigo)
O tema escocés estáse poñendo moi interesante. As enquisas amosan un incremento continuo da intención de voto si, e continuamos sen saber o resultado da enquisa pola que Westminster pagou 50.000 libras do erario público (aparentemente non son moi bós para Proxecto Medo).
O debate do escandaloso sesgo nos medios faise cada vez mais grande e como vos teño explicado noutras ocasións, medra a indignación contra a BBC, ata o punto que xa hai blogs analizando con lupa as noticias que saen desta fonte. Xa houbo unha concentración diante das oficiñas da BBC, e en camiño mais actos de protesta.
Hai uns días toda prensa daba cobertura á duas noticias de "relevancia"; unha delas era sobre a suposto velado apoio de Obama á campaña unionista, claro que ao dia seguinte podíase ver esta noticia, de fontes próximas a mesma Casa Blanca, facéndose eco de que ditas declaracións foron froito dunha petición expresa por parte de Cameron. O Primeiro Ministro de Reino Unido continua negando un debate con Alex Salmond, ainda que o propio ex-lider laborista Gordon Brown presiona a Cameron para que se realice dito debate:
Xa sabedes que unha das razóns da Campaña "Solidarity with Scotland" é dar resposta aos continuos intentos e reclamos de Westminster para que dirixentes, organizacións e empresas doutros países interfiran posicionándose en contra da independencia de Escocia. De novo, anímovos a mandarnos as vosas fotos e mensaxes de apoio, ben vía twitter (@ScotlandAbroad), ben no noso facebook ou via email solidaritywithscotland@gmail.com.
A outra noticia, tiña que ver co tenista e medalla olímpica Andy Murray, e aquí vos deixo algo interesante que atopei en twitter, facendo recopilación dos titulares dos distintos medios de comunicación, e ao final, as verdadeiras declaracións do tenista de Dunblane.
Logo de ver este exemplo, e outros que imos atopando aqueles que seguimos diariamente a prensa, un chega á pensar de que antes de redactar unha noticia, habería que preguntarlles aos redactores o seguinte (tamén atopado en twitter):
Ningún comentario:
Publicar un comentario