sábado, 28 de xuño de 2014

A PRENSA ESPAÑOLA BATENDO COA REALIDADE ESCOCESA ... #spanishpress #bias #ProjectFear vs #yesscotland

Cando un xornal fai algo ben, debería estar orgulloso dos seus traballadores, do seu traballo e non esnaquizalo para dar unha imaxe do que non hai.

Por primeira vez dende que se empezou co proceso escocés, o ABC tivo a decencia de mandar a un traballador a Escocia, en concreto a Stirling. Ata agora, limitábanse a publicar todas as noticias que chegaban de Londres e a darlle total cobertura e apoio ao que ditaba o Proxecto Medo; e podo maxinar que Borja Bergareche foi coa idea de plasmar algo moi diferente ao que está a acontecer nesas terras e deu totalmente de fociños coa realidade escocesa.
 
Que o ABC, xunto con La Razón, veñen sendo os voceiros do Proxecto Medo en territorio español é algo que ten que quedar claro; e que de cando en vez procuran vestirse de prensa ecuánime, aínda que soe a chiste, é unha verdade coma un templo

En noticia publicada o 27 de xuño, puidemos ler a reportaxe do señor Bergareche. Unha boa reportaxe que recollía o enorme traballo informativo de base que se está a realizar dende o Yes Scotland, a importancia d@s indecis@s,  e as opinións e razóns que algunhas persoas esgrimen para votar que non ou aínda non estar convencidos de qué votar. 

Nada novo, efectivamente hai persoas que van votar Non por convicción, outras por razóns tan simples e carentes de argumentos políticos como o seu "odio a Alex Salmond", que a campaña unionista non deixa de fomentar na súa estratexia de focalizar o debate no SNP e Alex Salmond.

Pero Borja Bergareche atopou outra realidade: nin rastro da campaña unionista! e claro, a súa obxectividade chocou coa linea editorial do ABC, que nun principio (práctica que ven sendo habitual en moitos xornais) presentou un titular mais ou menos aceptable dentro da súa líña ("Salmond ha hecho cosas bien pero gracias a Londres" valoración feita por un votante do non) , pero non quedando claro de que lado están decidiu cambiar por outro moito mais contundente ("No soporto a Salmond, no puedo con él"...)  si, estades lendo ben... o  modo pánico fai marabillas, e os titulares teñen que soar o suficientemente "unionistas",  aínda que o total da noticia faga cando menos reflexionar sobre o que pode pasar o 18 de setembro.

Dende a miña humilde opinión, felicitarei ao señor Bergareche polo seu traballo, e dicirlle que se quedou impresionado coa campaña do Yes, vai sendo hora de prepararse, porque a partires de agora a cousa vai ir a mais e tod@s aqueles organizacións, partidos, grupos, individuos que conforman a enorme campaña do Yes Scotland están alí para gañar e saben ben o que está en xogo, e non o van deixar escapar. Tod@s eles queren ver publicados outros titulares.


1 comentario:

  1. de ben dabemos que esto non e fácil, pero o q si e certo e que a loita, diaria e continua, dan a pautas claras para lograr que o si, chegue e cheque rompendo esquemas e expectativas................

    ResponderEliminar