luns, 16 de xuño de 2014

A CONSTITUCIÓN PARA UNHA ESCOCIA INDEPENDENTE // THE SCOTTISH INDEPENDENCE BILL #indyref #Scotland

Xa se recollía no Libro Branco (White Paper) e tal e como levan anunciando dende hai meses, o Goberno escocés ven de presentar o Borrador do Proxecto de Lei da Constitución Escocesa, e invita ao pobo escocés a enriquecer a proposta mediante consulta pública ata o 20 de outubro, no que poderán participar e enviar as súas aportacións e opinións.
 
O Borrador, por tanto proxecto provisional da Constitución, foi apresentado por Nicola Sturgeon e é unha proposta en firme dende o Goberno para un futuro de Escocia en independencia e comenza co seguinte parágrafo:


"This draft Bill – the Scottish Independence Bill – provides the
constitutional platform which would serve as the basis for the
government of Scotland from Independence Day.
The fundamental principle underpinning the Bill is that, in Scotland, the
people are sovereign. This core truth resonates throughout Scotland’s
history and will be the foundation stone for Scotland as an independent
country."

"Este proxecto de lei - a Lei de Independencia Escocesa - proporciona a
plataforma constitucional que serviría como base para o
Goberno de Escocia dende o Día da Independencia.
O principio fundamental que sustenta o proxecto de lei é que, en Escocia, o
pobo é soberano. Esta verdade fundamental resoa ao longo da historia de Escocia e será pedra fundacional para Escocia como país independente"

Aquí podedes acceder ao Borrador completo. Só se presentará oficialmente a votación no Parlamento escocés no caso dun voto afirmativo no Referendo do 18 de Setembro.


Outros links de interés sobre o mesmo tema:




Ningún comentario:

Publicar un comentario