
Falou a prensa do matrimonio Weir, que gañaron o premio dos Euromillóns e deron unha suculenta doazón á campaña do Yes Scotland, mais non explicaron de que todas esas doazóns son absolutamente legais e totalmente públicas (podemos falar da financiación legal por estas terras... case igual, verdade?)
Presentáronos os amorío político entre Cameron e Rajoy, Tory e PP, e o seu obxetivo común de derrotar aos malvados seguidores do terrible Alex Salmond (mirade qué malos son todos aqueles que defenden políticas distintas ás que destrúen o sistema de benestar e os dereitos dos pobos, verdade?)
Esa estratexia do Better Together de presentar a Alex Salmond como cabeza do Yes Scotland, é enfermiza e irrespectuosa con todo o movemento escocés polo YES á independencia.

Porque claro, ata o de agora non falaron, nin mentaron sequera, que é o Yes Scotland nen que está a facer; esta enorme e plural campaña cidadá de base, está en cada currunchiño do país, falando con todo o mundo, con cada un d@s cidadáns escoceses. Organizan centos de actividades; os Super-Sábados por exemplo, son convocatorias de voluntarios para facer traballo informativo.
Fora da capital, Edinburgh, onde apenas se ve movemento durante a semana, o debate está nas rúas, e nos pubs! @s escoceses, tan reacios a falar das súas inclinacións políticas fan coma que non vai con eles, non lles interesa... ata que empezamos a preguntar e voilà! Aqui saen as diferentes versións do proceso: os que están a favor e os que están en contra, e os que levan tempo sendo e continuarán a ser os grandes protagonistas nestes 3 meses que quedan por diante: @s indecis@s.
Tod@s sentados ao redor dunha mesa e
intercambiando opinións de forma pacífica e respectuosa. Aclaráranse
dúbidas, fálase e critícase o terrible que resulta ter que pagar a
licencia para ver unha BBC que é defende escandalosamente o lado
unionista. O cabreo é monumental, e non é de estranar, pagar para que
che conten mentiras e tenten manipularte tan á vista non é precisamente
agradable. O futuro da BBC é outro das conversas estrela: moitos
optarían por botalos a patadas de gañar o si... dialécticamente falando,
por suposto (ou non...)
Aquí tendes unha visión totalmente imparcial sobre a credibilidade da BBC, dos analistas de BBC Scotlandshire:
http://www.bbc.scotlandshire.co.uk/index.php/city-news/758-bbc-scotlandshire-gives-the-leveson-right-to-reply-to-a-complainant.html
Aquí tendes unha visión totalmente imparcial sobre a credibilidade da BBC, dos analistas de BBC Scotlandshire:
http://www.bbc.scotlandshire.co.uk/index.php/city-news/758-bbc-scotlandshire-gives-the-leveson-right-to-reply-to-a-complainant.html

Unha das cousas que nos dicían con insistencia é o importante que é para eles o apoio internacional. Levan meses bombardeados con ameazas de lideres ou pseudo líderes políticos conservadores e os Proxecto Medo, sobre a pertenza ou non de Escocia á UE, ou con mais chantaxe emocional sobre o grande aliado que ten sido ata agora o Reino Unido; saber e coñecer da presenza e apoio de amig@s no exterior, anímalles a tomar unha decisión sen medo, a presenza de mensaxes a favor da independencia dende países de todo o mundo, é un estímulo que non ten prezo.

solidaritywithscotland@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario