venres, 4 de abril de 2014

TRIBUTE TO MARGO MaCDONALD // HOMENAXE A MARGO MaCDONALD #forMargo







Falar de Margo McDonald é falar deses heroes da historia escocesa e do inicio do camiño cara á independencia. Ela, ao igual que outros poucos, sementaron nos escoceses a necesidade vital de teren confianza neles mesmos, de que a loita pola autonomía e mais tarde pola independencia pagaba a pena.

Margo sementou o desexo dun mellor destino para o seu país, quería que ese movemento nunca deixara de medrar, tal e como lembrou no seu discurso durante o Rally pola Independencia, o 21 de setembro.

A primeira vez que a escoitabas xa non podías esquecela, a súa oratoria,  o seu sentido do humor, tan especial, tan  espectacular, e  uns principios defendidos sempre cunha forza inigualable. 
Margo levaba anos ferida polo Párkinson, consciente da súa enfermidade e das súas limitacións e realidade, foi activista incansable polo  dereito a unha morte digna. No seu legado, esta loita é unha das múltiples que levou a cabo durante toda a súa impecable carreira política.



Margo acaba de falecer facendo que en Escocia tod@s choren a súa irreparable perda, e se lamenten de que marchase tan cedo, tan pretiño do Referendo e non poida ver logrado un dos seus grandes soños dos que foi defensora fiel e incansable.
Hai unhas semanas, Margo Mc Donald entraba en Radio Scotland para participar nun debate aberto e opinar sobre a Unión Europea. Foi a última vez que a escoitei, e  aínda que sabía da súa enfermidade, esperaba que puidese ver o seu soño realizado. Non vai poder ser.
Dende o minuto un da noticia do seu pasamento, unha mensaxe cabalga polas redes: fagámolo por Margo, votemos YES ao seu soño, ao noso soño, votemos YES por unha Escocia independente.
Descansa en paz, Margo. Escocia sempre estará orgullosa de ti, coma ti deles.

                                     (minuto 1:50)

Ningún comentario:

Publicar un comentario