
Mais parecido
a “Expediente X” que a unha campaña ben pensada e organizada, a última
referencia a series televisivas foi a referente á CBI, ou patronal británica.
Pretendendo argallar o crime perfecto, acáballe de saír un sainete; non fixo
falta que Grissom viñera a investigar, neste caso, bastou con que “Business for
Scotland” insistise en que algo non cadraba e que o mordomo non era o asasino.
A CBI,
querendo facer que non pasaba nada, asubiando e coas mans alzadas e murmurando "eu non fun", pensou que asasinar
a democracia orgánica interna da súa delegación en Escocia era unha idea
brillante, e á vez, optou por ocultar os verdadeiros intereses dos seus dirixentes, un
deles vinculado de cheo no proxecto nuclear Trident. O dixen xa mais veces e o repito:
@s escoceses de tontos non teñen un pelo.
A CBI veuse
forzada a rexistrarse na Comisión Electoral como organización que defende a
posición dos Better Together. A CBI englobaba (e digo englobaba porque dende
que saíu do armario hai desbandada xeral) a menos de 80 empresas en Escocia.
(nota: a CBI sería o correspondente á CEOE española ou a CEG en Galiza)
(nota: a CBI sería o correspondente á CEOE española ou a CEG en Galiza)

Scottish Enterprise, STV, Visit Scotland, Scottish Law Society, ou Universidades de Glasgow, Caledonia, Aberdeen son algún dos entes que renunciaron a pertencer a unha organización que claramente dirixe o seu discurso a un voto negativo para o 18 de setembro. Moitas deles argumentan que a súa postura (por múltiples razóns) debe ser neutral. E a desbandada continua...

Parece que
é mellor minimizar o debate
independentista cunha noticia do matrimonio escocés que gañaron un premio dos
Euromillóns e doaron 3 millóns de libras
á campaña do YES… por certo, esas doazóns estás declaradas, non se entregan en
sobre... non son en B…
Ou abusar
da falta de memoria ou de información sobre o tema dos lectores, e contar que Gordon Brown entra agora no debate sobre o
referendo escocés cando a realidade é que leva entrando e saíndo (escaldado)
del dende o inicio do proceso, por certo, evitando as preguntas da prensa...
vos soa?
![]() |
@BizforScotland |
Business for
Scotland é a organización que recolle a mais de 1700 pequenas e medianas
empresas escocesas e que non para de medrar en número de afiliados. Os seus
artigos de valoración sobre a economía son tremendamente clarificadores e cren que nunha Escocia independente, lonxe de
seren atacados por terribles alieníxenas que destruirían o sistema de benestar,
os negocios, a economía e a situación
xeral d@s escoceses veríase enormemente mellorada.
Aquí vos deixo dous artigos que explican moi ben qué foi exactamente o que aconteceu coa CBI. Por certo, comprobaredes que non son noticias que chegan das axencias de London… está é información de verdade, da que non lles interesa publicar nin aos gobernantes nin á prensa defensores das políticas unionistas e conservadoras... ou sexa, a case toda a prensa...
Ultima hora: a BBC deixa a CBI. A súa imparcialidade xa estaba moi danada e sería demasiado escandaloso para a súa suposta "neutralidade informativa" seguir pertencendo á CBI:
http://www.bbc.com/news/uk-scotland-scotland-politics-27143426
http://www.scotsman.com/what-s-on/tv-radio/scottish-independence-bbc-suspends-cbi-membership-1-3387177
Ningún comentario:
Publicar un comentario