Continua o culebrón da CBI, o maior escándalo acontecido ata o de agora nestes últimos meses, referente ao proceso de independencia en Escocia. As últimas novas sobre este ente da patronal ,ao que xa moitos califican de extrema dereita, chégan recén saídas do forno.
A CBI anuncia que da marcha atrás e que retira o seu rexistro como organización pro-unionista da Comisión Electoral. Logo da impresionante desbandada xeral de empresas e organismos pertencentes á CBI, e coa BBC abandoando tamén o barco polas tremendas presións, a organización queda ferida de morte.
(nota: a CBI sería o correspondente á CEOE española ou a CEG en Galiza)
A BBC anunciaba onte a súa renuncia a pertencer á CBI eso si, só dende o 30 de Maio, o que deu lugar a que se acrecentasen as acusacións sobre #bias (información sesgada) da canle de Radio-Televisión. Moit@s pregúntanse a razón de tanta lentitude á hora de tomar esta decisión, e comparan coa actuación da STV sendo unha das primeiras empresas en definir a súa postura e renunciar a pertencer á CBI, alegando que co rexistro e a definición oficial pro-unionista, a súa neutralidade veiase totalmente comprometida.
http://www.newsnetscotland.com/index.php/scottish-news/9096-under-pressure-bbc-to-suspend-cbi-membership-but-not-until-may-30th
Ah, e por certo, que non, que non hai información sobre este tema na prensa española, nin unha soa palabra sobre o tema... queda claro, non si?
Pois iso, que aquí vos quedan referencia da prensa en Escocia:
http://www.heraldscotland.com/politics/referendum-news/cbi-drops-plans-to-register-support-for-better-together-campaign.1398444331
http://www.scotsman.com/news/politics/top-stories/cbi-u-turn-on-anti-independence-stance-1-3389046
http://www.newsnetscotland.com/index.php/scottish-news/9103-cbi-descends-into-farce-as-organisation-tries-to-reverse-no-campaign-support-move
Ningún comentario:
Publicar un comentario