martes, 1 de abril de 2014

ARRANCA A CAMPAÑA INTERNACIONAL "SOLIDARITY WITH SCOTLAND"

En Xaneiro do presente ano o xornal escocés Sunday Herald facíase eco da seguinte noticia:
Nela informábase que a “Devolution Unit”, oficina oficial nacida en 2012 ao fío da celebración da Commonwealth, estaba agora funcionando coma unha caixa de recepción de opinións de cidadáns británicos ao redor do mundo sobre o referendo de Escocia.
Dita iniciativa tiña o seu orixe na Foreign Office e se transmitiu a todas as Embaixadas e Consulados británicos de todo o mundo; dende elas pediron que foran recollidas,e mesmo se fixeran públicas en prensa internacional, aquelas opinións que resaltaran os efectos negativos que podería ter a independencia en Escocia. Ao mesmo tempo, indicaron toda unha serie de puntos a resaltar nesas misivas. O xornal dixital Tenerife News nun “despiste”publicou unha carta recibida dende a Embaixada:
Estas noticias provocaron moita polémica en Escocia, onde Cameron rexeitou repetidamente un debate en vivo con Alex Salmond coa desculpade que correspondía só aos cidadáns escoceses levar a cabo ese debate, e insistía en non querer interferir.
E a esta polémica uníronse as continuas interferencias do Goberno español, quen xa dende antes de ser convocado o referendo, tentou manobrar e deter a súa convocatoria dende a Embaixada española en Londres. (dato este admitido polas propias autoridades británicas en Londres ao igual que as conversas que existen entre ambos Gobernos de xeito habitual).
Hai que lembrar que distintos membros do Partido Popular veñen facendo valoracións sobre o proceso escocés co claro fin de mobilizar o voto para o non; e mesmo Cayetana Álvarez de Toledo esixiu nun moi criticado artigo publicado no Financial Times que a UE tomara cartas no asunto para impedir a realización de referendos independentistas.
Outros membros conservadores como Barroso ou Van Rompuy tamén opinaron repetidamente tentando influír no debate. Altos cargos da Comisión Europea rexeitaron as súas declaracións, calificandoas de opinións persoais e non oficiais da propia Comisión e lembrando a súa neutralidade e non inxerencia en asuntos de índole interno.
Ante todo isto e a menos de 6 meses para a realización do referendo, cada vez mais cidadáns escoceses vivindo no exterior, preguntaban aos seus familiares e amigos que podían facer para apoiar o YES.
Nace pois, froito dunha iniciativa de particulares, a Campaña Internacional “Solidarity with Scotland”(Solidariedade con Escocia), que será coordinada por Paul Kavanagh e Pilar Fernández.
Este é o enlace coa explicación da campaña e o texto en Galego e en Inglés:
"Solidarity with Scotland" ten como obxectivo plasmar as valoracións positivas que ten a independencia de Escocia e facelas chegar ás distintas Embaixadas británicas no mundo, para que sexan remitidas á “Devolution Unit” , tratando así de que esta Oficina se inunde de mensaxes positivos de solidariedade coa Escocia do YES.
A participación está aberta a todos aqueles escoceses que vivan no estranxeiro e tamén aos @s amig@s de Escocia, a organizacións, empresarios ou grupos que queiran apoiala.
Os organizadores piden que se envíe unha copia da misiva á Embaixada Británica e outra copia ao seguinte correo electrónico:
Todas as cartas recibidas serán publicadas nos blogs de Paul Kavanagh
Wee Ginger Dug
E o de Pilar Fernández:
A ponte entre Galiza e Escocia:
Habilitarase tamén unha páxina web especial para informar do transcurso e das novidades sobre a campaña e na que se poderá acceder a formularios en distintos idiomas para facilitar o envío de misivas.
Cerca da data do referendo faranse públicas as estatísticas da Campaña “Solidarity with Scotland
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario