xoves, 6 de marzo de 2014

VOCES DE ESCOCIA / VOICES FROM SCOTLAND PART 7: WOMEN FOR INDEPENDENCE



As mulleres en Escocia representan o 52% do total da poboación. É fácil entender a importancia que o voto feminino vai ter no resultado do 18 de setembro. 

As enquisas que chegan de distintos medios fan sempre fincapé en que os maiores indecisos camiño do referendo son as mulleres e Women for Independence están realizando continuadas e múltiples actividades para chegar a todas e cada unha delas.

Son un batallón e cada día súmanse mais, de todos os puntos do país, de todas as idades, mesmo distintas xeneracións dunha mesma familia de mulleres participan de maneira activa nas campañas que levan a cabo.
 
Todas estas organizacións que pertencen á plataforma Yes Scotland viven maioritariamente de aportacións, os famosos Crowdfunding. Women for Independence iniciou hai pouquiño tempo a súa propia campaña para financiarse e este é o link.



Carolyn Leckie da voz a Women for Independence e aquí tendes a entrevista que lle fixen o 21 de Setembro de 2013, durante o Rally for Scottish Independence celebrado en Edimburgo:


Listen to the interview in English:






Pregunta: Cal é a situación das mulleres Escocesas neste proceso?
 
Carolyn Leckie: Women for Independence naceu porque as mulleres que defendemos a independencia tiñamos preocupación de que a nosa voz non fose escoitada e incluída no debate; somos o 52 por cento da poboación e se queremos que o si gane teñen que contar co voto feminino. Polo tanto queríamos estar seguras de que tiñamos o noso espazo e queríamos tamén cambiar un pouco o tono de debate tamén porque a independencia será gañara por xente comprometida en conversacións iguais e xustas se queremos ter un país igualitario e xusto.

Pregunta: O peso das mulleres é enorme mais como é a situación da muller en Escocia actualmente?
Carolyn Leckie:  Aínda moi desigual, pero as mulleres teñen unha gran historia en Escocia collendo as rendas nas loitas pacifistas, resistencia contra as guerras, loita polo voto, en folgas contra a suba de alugueres e movemento anti-nuclear e se imos ser independentes as mulleres teñen que organizarse.

Pregunta: Que tipo de actividades estades a levar a cabo?
Carolyn Leckie: A maioría é para informar, escoitando, formando parte de plataformas, tamén participando en medios de comunicación e falando en conferencias. A nosa función é mais coordinar e mover mais á xente que xa apoia o SI. Pero o que mais queremos facer é escoitar á mulleres nas comunidades, postos de traballo, coñecemos á xente, sabemos quen son os indecisos, porque a xente mais importante son as mulleres que están indecisas.


Pregunta: Seguides a prensa estranxeira? Que importancia ten para vós a cobertura internacional para Women for Indy?
  
Carolyn Leckie: Estou encantadísima de ver aquí tanto apoio internacional. Non veño seguindo a prensa internacional demasiado de preto; son consciente evidentemente de procesos similares en Cataluña, País Vasco, etc... Definitivamente queremos crear lazos entre mulleres ao redor do mundo, non so para nacións sino para a nosa propia independencia, somos mulleres pola independencia e independencia para as mulleres.
Pregunta: Segura de gañar?
Carolyn Leckie:  Sen dúbida. Penso que hai un traballo fundamental que facer,  hai xente que a menos dun ano vista está xa comprometida co debate, pero a xente que eu coñezo ou que eran votantes do non estanse movendo para o si, e iso dáme moita confianza e sabes que cando falas coa xente estás abrindo unha porta aberta e non atopei unha soa persoa que se movera do si ao non pero atopei moita xente que se moveu do non ao si.


Moitas grazas polo teu tempo e todo o apoio das mulleres de Galiza.










Podes seguilas en // You can follow them at:
@WomenForIndy

Ningún comentario:

Publicar un comentario