luns, 24 de marzo de 2014

A TOD@S @S AMIG@S DE ESCOCIA

Estimad@s amig@s:


Achégase a hora da verdade, en menos de 6 meses Escocia vai estar decidindo o seu futuro. Escocia xógase todo, a súa aposta pola independencia non trata tan só da xestión dos seus recursos propios, e da posibilidade de realizar enormes melloras nas políticas sociais e protexer aos mais desfavorecidos, trátase tamén da súa relación co exterior.


Escocia, que se amosa sempre tan amistosa, internacional e solidaria merece ser tratada con total respeto dende dentro e dende fora, é por iso, que estaría ben que amosásemos dende xa a nosa amizade e solidariedade internacional cos nosos amig@s escoceses, comunicando aos nosos gobernantes que queremos que esta vella nación irmá sexa tratada con total respeto, que non queremos intereferencias, nin manobras suxas, nin presións dende o Goberno do noso Estado; é tempo de dicir en voz alta que de acadar a independencia, Escocia debe ser recoñecida admitida e incluida en todos os organismos internacionais a nivel mundial .


Como vos veño informando, e tal e como puidestedes ir comprobando na prensa, o Goberno español, enfangado no seu propio problema interno, ven dando mostras de falta de respeto coa idea de que Escocia acade a independencia, posibilidade que ao propio Goberno británico lle resulta dura de dixerir, por iso, a guerra suxa na que se ven entrando nestes últimos meses é cada vez maior.

Pídovos que leades esta petición lanzada por Wee Ginger Dug, traducida ao galego e nos dispoñamos lanzar esta campaña de apoio e solidariedade internacionalista dende todos os puntos do mundo. Alá onde poidamos chegar.


Todo aquel que queira participar nela, non ten mais que seguir as indicacións que Wee Ginger Dug (Paul Kavanagh) nos indica na súa última entrada de blog.


http://weegingerdug.wordpress.com/2014/03/24/solidarity-with-scotland-solidaridad-con-escocia-solidaritat-amb-escocia-solidariedade-con-escocia/

Tradución ao galego:

http://pilaraymara.blogspot.com.es/2014/03/campana-de-solidariedade-con-escocia.html

Tradución ao euskera:

http://pilaraymara.blogspot.com.es/2014/03/eskoziarekiko-solidaritatea-solidarity.html


Tradución a castellano:

http://pilaraymara.blogspot.com.es/2014/03/solidaridad-con-escocia-solidarity-with.html

Tradución a sueco:

http://pilaraymara.blogspot.com.es/2014/03/solidaritet-med-skottland-solidarity.html

Todo aquel que queira aportar algunha idea, ou participar traducindo o texto ao seu idioma, pode mandarme unha mensaxe ao enderezo electrónico:


 pilar.aymara@gmail.com


Versión en español: http://pilaraymara.blogspot.com.es/2014/03/tods-ls-amigs-de-escocia.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario