Na última enquisa de PanelBase realizada
entre o 7 e o 14 de marzo por encargo de
NewsnetScotland, preguntouse a 1.036 persoas o seguinte: “cómo
vai votar á pregunta: debe Escocia ser un país independente?”.
Os resultados de dita enquisa reflicten
que o apoio á independencia está agora nun 40%, o nivel mais alto dende o
inicio da campaña, namentres o 45% apoiaría ao NON e que aínda un 15% de
escoceses estarían indecis@s. No cómputo
xeral, descontando aos indecisos, un 47% vai votar SI e un 53% NON.
Blair Jenkins, Xefe
Executivo de Yes Scotland valorou o resultado coma moi alentador e di estar
seguro de que poden continuar gañando puntos na ven sendo unha tendencia continua
dende o inicio da campaña.
Hai que lembrar a enorme diferenza
entre as actividades que se están a realizar dende a campaña Yes Scotland e a
campaña Better Together. Sen dúbida esta última é unha campaña institucional e
apenas ten traballo de base nas rúas, sendo Yes Scotland unha xigantesca campaña de
base por todo o territorio escocés.
Os continuos erros de
cálculo, ameazas e historias de medo que se lanzan dende Londres co beneplácito
de Laboristas e Liberal Demócratas están marcando unha clara aproximación do SI
a unha vitoria o vindeiro 18 de setembro.
Tal e como valorou Blair
Jenkins, “a campaña de alarmismo de
Better Together está resultando contraproducente xa que a xente entende que
como país rico que ocupa o lugar 14º do cómputo internacional , comparado co
lugar 18º de Reino Unido, Escocia ten todo o que necesita para ser un país
independente” e engadiu "Escocia
pode , debe e ten que votar Sí - para gañarmos
os poderes necesarios e construír unha sociedade xusta e unha economía
próspera, onde a riqueza de Escocia funcione para as persoas”
Para coñecer datos sobre a
enquisa, consultade o link seguinte:
Para coñecer mais sobre a campaña Yes Scotland:
Ningún comentario:
Publicar un comentario