ENTREVISTA CON PATRICK HARVIE : SCOTTISH
GREEN PARTY
O ECOLOXÍSMO NECESARIO NUNHA ESCOCIA
INDEPENDENTE
INTERVIEW WITH PATRICK HARVIE : SCOTTISH GREEN PARTY
THE NECESSARY ECOLOGY IN AN INDEPENDENT SCOTLAND
E urxente entender
e transmitir a necesidade dun cambio na xestión dos recursos naturais e de reconciliar
ao ser humano coa Natureza. Quen non entenda isto é que non entende o perigo
que corremos tanto nós coma as xeracións vindeiras.
It is urgent to
understand and transmit the need for change in how we handle natural resources
and to reconcile human beings with Nature. Those who don’t understand this do
not realize the danger we risk as much for ourselves as for future generations.
Urxen novas políticas
que estimulen o uso das enerxías renovables, que paren a terrible contaminación
atmosférica, políticas que promovan o coidado e limpeza dos nosos ríos e dos
nosos mares e da flora e fauna dos mesmos, a xestión responsable de residuos, a
xestión da auga potable; urxe paralizar dunha vez por sempre as políticas que
traen consigo a destrución dos bosques, dos pulmóns do Planeta Terra, urxe un
debate serio sobre o uso e abuso das enerxías nuclear, solar, eólica, marítima...
New policies are urgently needed that encourage the use of renewable
energies to stop the terrible atmospheric contamination, policies for the
promotion of the care and cleaning of our rivers and seas, its flora and fauna,
a responsible management of waste, and management of drinking water; it is a
real necessity to stop once and for all those policies of destruction of the forest,
the planet’s lungs, it is urgent to have a serious debate about the use and
abuse of the different energies: nuclear, solar, maritime power, wind power....
O progreso non
pode continuar sendo a desculpa “perfecta” para destrución. Non temos tempo e
temos que facelo entre todos. Afortunadamente cada vez hai mais xente
concienciada con estas responsabilidades individuais e colectivas; transmitir
aos nos@s cativ@s unha cultura de paz, de respecto, leccións sobre a
importancia da reciclaxe e de harmonía coa
Natureza é un bo punto de partida.
Progress can’t continue
to be the “perfect” reason for destruction. We don’t have time and we have to
do it between all of us. Fortunately every day there are more and more people who
are very sensible about these individual and collectives responsibilities;
transmitting to our children a culture of peace, a respectful culture, lessons on the importance of recycling and of
living in harmony with Mother Nature would be a good start.
En todos lados
escoitamos voces que defenden alternativas e que vixían de preto as ameazas que
existen en todos estes plans ambiciosos que nos presentan os mais poderosos e que traen consecuencias nefastas. Preocupados
polo presente e tamén polo futuro, os Verdes escoceses tamén queren ter voz
nunha Escocia independente.
There are voices
everywhere who support alternatives and that are closely watching the threats
that exist in all these ambitious plans from the powers that would bring us
very horrible consequences. They are concerned for our present and our future,
and the Scottish Greens would like to be involved in an Independent Scotland.
Falamos con
Patrick Harvie, deputado no Parlamento escocés, e este é o seu punto de vista:
We spoke to Patrick
Harvie, MSP in the Scottish Parliament, and this is his point of view:
Pregunta: Por que apoias o SI pola independencia? Por que o Partido Verde apoia o SI pola independencia?
Patrick Harvie: Ben, os membros do
Partido Verde temos moi diferentes opinións, unha gran clara maioría apoian a
independencia pero outros non, pero non discutimos sobre isto porque estamos
definidos por outro asunto; como Partido estamos definidos polos retos social,
económico e ecolóxico e mesmo pola crise que esta afrontando todo o mundo.
Eu creo que
Escocia actuando como país independente, coas súas propias competencias será
moito mais capaz de actuar sobre estes retos, enfrontalos e darlles resposta;
vexo imposible de realizar isto con Westminster onde os tres partidos
maioritarios son escravos do centralismo, do neoliberalismo, dando apoio aos
mesmos negocios, coma é habitual, pensan que o desastre económico que vivimos
foi un soño e tan só tentan retornar ao que había antes, e non podemos
permitirnos repetir o modelo que tiñamos antes, como tampouco podemos deixar o
noso futuro en mans de Westminster.
P.: Segues a prensa estranxeira? Que
importancia ten para vós a cobertura internacional sobre o referendo?
Patrick Harvie: Ben, un aspectos do
debate data sobre cal será a relación de Escocia co resto do mundo si votamos
SI e si acadamos a Independencia como de construtivas serán esas relacións e como
se percibe este debate noutros países é importante, non porque iso vaia cambiar
o número de xente e como van votar pero axuda a definir que tipo de sociedade
queremos construír, axuda a definir que tipo de país seremos no marco
internacional, en termos de si queremos ser un pais que traballa por unha
cultura de paz en vez dunha de guerra, unha que traballa por regras mais xustas
de comercio en vez dun comercio mais libre todo o tempo e en termos de sostibilidade
porque estamos todos nunha única roca e se non coidamos dela sufriremos as
consecuencias.
P.: Como pensas que están sendo os medios de comunicación escoceses? Crees que están a ser equilibrados entre o SI e o NON?
Patrick Harvie: Podería ser ás veces un
pouco cínico sobre as causas que os medios de comunicación deciden apoiar; ás
veces, sobre todo cando estamos en eleccións os xornais apoian ao equipo
gañador ou o lado que cren que vai gañar e tratan de darlle crédito a todo o
que hai ao redor do mesmo.
Penso que
cando esteamos mais cerca do referendo mais e mais xente que aínda non decidiu empezará a cambiar
a súa posición, empezarán a estar dun lado ou doutro e cando iso e cando iso
aconteza poderemos ver mais equilibrio nos medios porque moitos deles están
pensando a quen lles da de comer e queren apoiar ao que eles entenden que é a
maioría, é así como funcionan moitos xornais, en canto a tendencia cambie,
veremos unha cobertura mais equilibrada porque saben que non deben alienar ao
outro lado do debate; e de feito é o que nos debemos facer, a campaña Yes
Scotland tamén, debe ser moi coidadosa xa que non queremos alienar á xente que
vai votar non, non queremos transmitir hostilidade ou polarizar o debate, porque
calquera que sexa o resultado da decisión da xente todos deberemos traballar
xuntos, toda Escocia xunta aceptando o resultado, continuar e empezar a facer o
mellor para o país.
Patrick Harvie: Estou seguro de que
podemos, estou seguro de que estamos preparados, sei moi ben que temos un
montón de xente aínda á que convencer, moita xente que quere respostas ás
preguntas de que pasará despois de votar SI, pero estou seguro de que podemos
facelo e de que Escocia culturalmente, economicamente, está preparada para
tomar esta decisión.
P.: Todo o noso apoio dende Galiza e
moitísimas grazas polo teu tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario