domingo, 12 de xaneiro de 2014

Cameron: From Spanish whispers to Russian love (Galician) #indyrefski





É difícil saber cal era o gusto cinematográfico de Cameron antes dos seus primeiros encontros con Rajoy, mais podo imaxinar que logo de moitas “relaxing cups” deleitándose con “Suspiros de España”  o seu gusto foise deteriorando cada día mais.


Ao puro estilo 007, Cameron adopta agora o papel de salvar ao Imperio Británico dos malvados separatistas nunha versión mellorada de “Desde Rusia con amor”… claro que en internet isto se traduciu nun título mais resultón “Indyrefski”.


Os xornalistas David Leask e Paul Hutcheon do Herald Scotland veñen de publicar unha escandalosa primicia: Cameron pediu axuda a Putin para parar o avance do “terrible” Alex Salmond.




Cameron non quere involucrarse no proceso escocés, porque di que é un asunto de tod@s @s escoceses, e evita a toda costa un debate público con Alex Salmond porque di que é demasiado “posh” (pijo) para debatir  con el. En realidade, os Tory non entenden o que é xogar limpo e optan polo xogo suxo e as conspiracións como base da súa campaña en contra dun SI á independencia de Escocia. Falando claro, téñenlle fobia aos principios de democracia real ainda que fan o paripé de que son moi progres e avanzados.


Sería xusto preguntarse se  “Her Majesty” (lembremos que no White Paper o Goberno escocés opta por manter á monarquía nunha Escocia independente) está informada do acontecido e se Cameron merecería ser preso e xulgado por traición…

Outra das preguntas a facerse é si en todo este movemento tan cinematográfico tamén hai un oculto plan de devolver (sen previo aviso) aos escoceses a localidade de  Berwick-upon-Tweed, sita na fronteira entre Inglaterra e Escocia, que permanecía oficialmente en guerra con Rusia dende 1853 (si, ao parecer no estaba incluída no Tratado de París, ainda que se recolleu no ano 1966 un xesto de boa fé) 

http://kerchak.com/berwick-upon-twed-110-anos-en-guerra/ 

 


Comprenderedes que a primicia do Herald é un tremendo golpe para o Better Together, que cada vez perde mais forza (caso que algunha vez tivera forza popular). 



Conta a noticia do Herald que membros da embaixada de Rusia non quixeron facer comentarios. Non me extraña.


           

Ningún comentario:

Publicar un comentario