LABOUR FOR INDY: UNHA GRANDE MISIÓN, UN GRANDE RETO
LABOUR FOR INDY:
A BIG MISSION, A GREAT CHALLENGE
O Rally do 21 de setembro foi o segundo dos 3 que se tiñan preparados
antes da celebración do referendo. O vindeiro, o 30 de agosto deste 2014 vai
ser o que xa lle chaman “O GRANDE RALLY”, e imaxino que si neste se
manifestaron cerca de 20.000 persoas, o vindeiro triplicará a asistencia. E ben
seguro poderemos ver a moitos laboristas pro independencia.
The
Rally on the 21st September was the second of three prepared before the
celebration of the referendum. The next will be on the 30th of August 2014 and is
already going to be called “The Big One”, and I imagine that if in this one more
than 20.000 people were demonstrating their support, the next one will multiply
the attendance by 3. And it’s certain that we will see lots of Labourites pro
Indy.
En Xaneiro, tan só hai unhas semanas que os “Labour for Indy”
presentaron a súa primeira grande
actividade que tivo lugar en Glasgow e
na que membros relevantes do partido explicaron o porqué piden e dan o
seu voto á independencia. No grupo laborista atopamos nomes como os de John
Mulvey, Alex Mosson, Charles Gray, Dennis Canavan de quen a súa forza, a súa
presencia e o seu discurso foi do que
mais nos impresionou no Rally, e Allan Grogan a quen tivemos o pracer de
entrevistar.
Na prensa española non se fala moito deles, mellor dito, non se fala,
punto; ero a importancia dos laboristas integrados na campaña do SI á
independencia é enorme, xa que dende púlpitos laboristas oficiais veñen lanzado
as mais incribles e horrendas historias de medo para que a xente vote NON; ata
ao propio Allan Grogan ten sido catalogado como “infiltrado do SNP”, nun
intento de negar a realidade xa que moitos seguidores de base, clase
traballadora simpatizante e votante dos laboristas, están a favor da
independencia.
Spanish
media doesn’t talk much about them, or rather they don’t talk about them, full
stop. But the importance of these labour people integrated into the YES
Campaign is huge, more so because from the official labour pulpits the most scaremongering
and awful stories are being launched trying to convince people to vote NO;
Allan Grogan himself has being catalogued as a “SNP infiltrater”, attempting to
deny the reality that there are lots of Labour supporters in its grass roots,
working class people, sympathizers and voters of Labours that support
independence.
O Laborismo Oficial non ten nin un só argumento, nin un documento que
poida ratificar todo o que veñen anunciando, coma si da Apocalipse se tratase; ademais
os laboristas en Escocia estanlle a facer o xogo aos Tory que observan moi
felices o traballo dende a cidade de Londres xa eles non incapaces de chegar á
xente, xa que pola tradición política
escocesa a súa soa presencia tórnase contraproducente para a campaña do NON.
Official
Labour has not a single argument, nor one document ratifying any of the adverts
that they have announced, as if they were talking about Apocalypses; plus,
Scottish Labour are doing the dirty work for the Tories who are looking very
happily at this kind of effort that would be impossible to do from London
because of the political tradition of Scotland, their very presence is
self-defeating for the NO campaign.
Para facérmonos unha idea de como está o laborismo de base reaccionando
sobre este tema, basta con comprobar como o grupo pro-independencia laborista
cuadriplica, como mínimo, o número de seguidores ao grupo laborista unionista
nas redes sociais. Non é doado nadar contracorrente, mais sóbralles valentía,
entusiasmo e razóns históricas e actuais para defender á independencia de
Escocia.
If you’d
like to have an idea of how this grass roots-labour is reacting to this matter,
you can just check out how the pro-Indy team has at least 4 times the number of
followers compared with the labour for Union in social network. It is not easy
to swim upstream, but they have enough courage, enthusiasm and historic and
actual reasons to support the independence for Scotland.
Allan Grogan é unha desas persoas que non foi entrevistada por ningún
(ou case ningún) xornal do Estado Español. Atopámonos nas rúas de Edimburgo o
21 de Setembro en medio dos centos de manifestantes que xa se deixaban ver a
esas horas. Allan Grogan, como tod@s aqueles que entrevistamos o día 21 de
Setembro para Sermos Galiza, atendeunos moi amablemente e deunos a súa visión
deste momento histórico:
Allan
Grogan is one of these people that was never (almost never) interviewed by the
Spanish newspapers. We met him in Edinburgh on the 21st of September in middle
of hundreds of supporters that were arriving at that time. Allan Grogan, like
everyone we interviewed this 21st of September was very kind and he gave us his
vision of such a historic moment:
Pregunta: Por que defendes o
SI pola Independencia?
Allan Grogan: Porque os “Labour
for Indy” creemos que é o mellor para Escocia e tamén que é o mellor
para o Partido Laborista. Debendo ter o dereito democrático a decidir quén son
os nosos representantes no Parlamento escocés
polo mellor ben da xente de Escocia. Cremos que Escocia ten moitísimo
potencial, moitas capacidade e cós laboristas gobernando no noso propio
Parlamento non habería nada que Escocia non puidese conseguir.
P.: Qué importancia ten o
apoio laborista na campaña do SI?
A.G.: Creo que é moi
importante. Non vamos gañar este referendo só cos votos do SNP, e es fantástico
que teñamos os votos dos Laboristas pola Independencia, dos Verdes, dos Socialistas escoceses e de xente
que non pertence a ningún partido, pero o Partido Laborista obviamente ten tido
unha masiva presencia en Escocia durante moitos anos y é moi importante que
participemos da mellor forma posible neste referendo.
P.: É difícil traballar no
Partido Laborista cando estades en contra da posición oficial?
A.G.: Ben,
estamos traballando en algunhas áreas, asistimos a mitins locais e
charlas, eu estiven no meu propio local
este semana debatendo sobre
independencia, e a todas aqueles areas que queiran que vaiamos debater
imos mais que felices, queremos ver o que nos cremos que o mellor xeito de
devolver o partido laborista á xente de Escocia, un verdadeiro partido laborista que sempre
valorou a igualdade, xustiza social, e iso só pode pasar en Escocia a través de
independencia.
P.: Que importancia lle das
á cobertura e apoio internacional?
A.G.: Coido que é está ben transmitirmos a nosa mensaxe
e ter cobertura internacional, e vemos xente de Cataluña e de Venecia que están
aquí é absolutamente fantástico e isto trae un verdadeiro sabor internacional e
creo que moita xente doutros países non exactamente entenden á xente que di non
neste pais, porque xa sabes que moitos por todo o mundo teñen loitado pola súa
independencia e nos temos a oportunidade de facelo pacificamente e é unha gran
oportunidade e espero que Escocia a aproveite.
P.: Es consciente do
enorme da campaña de Better Together nos
medios españoles?
A.G.: En serio? Pois non,
non sabia, non tiña nin idea, que tóxico!
P.: Pois si, é moi tóxica! E a vosa relación
entre o PSC e os de Labour é unha boa cousa para vos?
A.G.: Si claro, xa tivemos
moi boa cobertura noutros países fixemos entrevistas con xornais vascos e
cataláns e xa sabes que estamos vendo por todo o mundo xente que esta a loitar polos dereitos de ter
unha democracia e de ter un parlamento como a xente de Escocia e espero que
Escocia sexa un brillante exemplo disto
para mellorar os dereitos doutros países e de futuro países por todo o mundo.
P.: Como vas convencer os
votantes indecisos?
A.G.: Absolutamente! Creo
nos temos a mensaxe positiva, nós temos a mensaxe correcta, imos chegar a
eles, dándollo a todo o mundo, imos
gañar esta campaña.
P.: Tes a confianza de que
ides gañar?
A.G.: Totalmente!
P.: Que ben!
A.G.: Cen por cen.
“Labour
for Indy” están xa preparando a
segunda grande actividade para este mes de febreiro, e outras moitas mais a
celebrar antes do referendo. Desexámoslle a Allan Grogan e a toda a súa equipa todo
o mellor e moita sorte nesta andaina que é unha grande misión para os
laboristas e un grande reto.
“Labour for Indy” is already preparing a second
big activity for this February, and a lot more to take place before the
referendum. We wish Allan Grogan and his team all the very best and good luck on
this road that will be a big mission and a great challenge for Labour supporters.
twitter:
@LabourForIndy
Labour voters for Scottish Independence – Facebook:
Labour voters for Scottish Independence – Facebook: