Pois xa está aquí, o White Paper ou
o que eu chamo Plan A ( de Alba gu
Brà).

Xa ninguén poderá alegar que non hai suficiente información
sobre a posible independencia de Escocia, e se o fan, será porque non leron nin
o primeiro parágrafo deste documento de 670 páxinas que explica amplamente qué consecuencia terá o
votar un SI o 18 de setembro de 2014.

Está dito, non hai mais decisión
que tomar : Plan A ou Plan B. Agora é cando se pon
interesante o debate, agora é cando se vai ter que cultivar (e moito) a
paciencia e a intelixencia, xa que se
incrementará a campaña de manipulación e desinformación. Agora, nesta fase, que é a definitiva, a BBC
e o resto da prensa unionista seguirán deixando claro a qué amos responde.
A negativa de Cameron de debatir
con Alex Salmond, non é mais sinal de que o pánico á independencia escocesa
está invadindo ao Goberno de Westminster; mais o debate global, tal e como me din en Escócia, non se vai gañar en escenarios de televisión,
senón transmitindo unha mensaxe de esperanza, este precioso Plan A, porta a porta, cidadán a cidadán.
E para iso Yes Scotland,
Wings over Scotland, NewsnetScotland, BellaCaledonia, WeeGinger Dug, National
Collective, Business for Scotland e outros moitos, continuarán
realizando tanto nas rúas escocesas, como nas redes sociais unha encomiable labor analizando
dia a dia cada pequeno detalle deste proceso. Boa sorte amig@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario