mércores, 27 de novembro de 2013

CANTO ANTES O DIGO…. #SpanishBetterTogether


Non tardou nin un minuto. O mesmo minuto que,  tan sobrado o señor Almunia, lle daría a Escocia para saír da Unión Europea se o SI gañase o referendo.


O señor Almunia, quen en Escocia é un absoluto descoñecido, é  un membro histórico do PSOE, ten un  posto en Bruxelas, na Comisión de Economía e  en Galiza o lembramos non precisamente con cariño, por boicotear insistentemente os intereses dos astaleiros galegos (entre outras moitas neglixencias). Pois el, dende o seu posto en Bruxelas, ademais de marcar o tempo de expulsión dun país con total dereito a pertencer a UE, lánzase  tamén a pedir o voto NON no referendo escocés, por se as moscas...

Canto antes o digo, antes van asomando cabeza os da campaña española do Better Together.  E non digo que non teñan dereito a opinar, que por suposto que si, pero a algúns (tendo postos oficiais na Unión Europea) se lles presupón que deben actuar cun pouco mais de respeto polos procesos internos dun país, xa que corren o risco de seren acusados de inxerencia interna, tal e como eles fan no seu país de procedencia cando alguén foráneo opina sobre o tema de Catalunya ,por exemplo. Xogan ao eu si podo, pero ti non... un xogo moi democráctico, verdade?

Teñen dereito a opinar si, pero non a mentir, nin a insultar. Onte preguntábame  quén sería o primeiro en realizar un artigo de opinión para defender ao Better Together en España… e o campión foi este:
http://www.teinteresa.es/jose_ramon_pin/Salmond-patriota-melifluo-tibio_0_1036698510.html

A análise non ten desperdicio, acusa a Salmond de mentir, acusa a Salmond de non querer cambiar nada, ao parecer lle parece un agobio o ter que usar pasaporte na fronteira (eles, aos mesmos aos  que lles gusta ter ao persoal controlado, por aquilo do terrorismo... agora lles molesta que un escocés poda ter pasaporte propio e que o teña que amosar na fronteira... eles... )   e tira do sentimentalismo da ruptura... do divorcio...da traxedia greco-romana que supón a "separación"...

Por certo, gustaríame saber qué comen estas mentes privilexiadas para poder ler o White Paper en menos de 3 horas e chegar ás mesmas conclusións e discurso que dende sempre ten o “Project  Fear”

A prensa española, (disque seria e obxectiva) tamén acusa a  Alex Salmond de mentir. Seguindo as mesmas directrices que os seus colegas británicos ou escoceses unionistas, o ABC e La Razón soen ser os delegados voceiros da estratexia a seguir, ainda que El Mundo e El Pais (cos seus corresponsais en Londres) tamén fan os coros :

En todo caso, estas, que nesta ocasión foron as primeiras voces, non serán as últimas;  tal e como era previsible, en canto a campaña positiva do Yes da un paso adiante, toda a campaña negativa do NON ponse nerviosa, e carente de argumentos e de alternativas, optan por utilizar os únicos métodos que coñecen.  E canto antes o digo, antes aparecen...
Por certo, que a dia 26 de novembro, os correos electrónicos de Yes Scotland estaban hackeados… dígoo por aquilo de que vos fagades unha composición de lugar... ao parecer son perigosos... porque informan... e iso non favorece ao NON.
 
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario